27.1.11

COMPARTINDO IMPRESIÓNS DE BANDA DESEÑADA...

Para hoxe acordamos traer lidas as catro primeiras historietas da obra de David Rubín "La tetería del oso malayo". Falamos de como nelas David fala de temas tan cruciais na vida como o amor, o desamor, a tristeza, a esperanza, a amizade, a escoita aos demais... Rematamos charlando sobre se é necesario que nos escoiten cando temos dificultades... sobre quen nos pode escoitar... sobre se todas as persoas teñen alguén en quen confiar...
Ademais os novos compañeiros do clube de lectura de banda deseñada, Borja e Jose Carlos, comentaron que lles está gustando a experiencia de ler banda deseñada e logo compartir as impresións. Alegrámonos moito diso e desexamos que siga sendo así! Tamén visitounos o clube unha antigua e apreciada alumna do instituto, Nerea, a cal tamén leu o libro e fíxonos disfrutar da súa compañía.
A nosa cita hoxe foi:"Que falacia o futuro! Cando cheguemos a donde sexa, cando sexa, só veremos o rostro do pasado" (María Jesús Alvarado)

15.1.11

COMEZA O SEGUNDO TRIMESTE CON NOVO CÓMIC PARA DISFRUTAR!

Fai dous anos limos “La tetería del oso malayo” no clube de lectura de Banda Deseñada. Gustou tanto este cómic que este curso decidimos repetir a experiencia de compartir a lectura desta obra de David Rubín (con distintos alumnos, por suposto).
David Rubín é un creador ourensán enormemente premiado: no 2006 levou o gran galardón do Salón do Cómic de Barcelona por “La tetería del oso malayo”, no primeiro trimestre de 2010 o premio ao “mellor autor completo” no festival Fullcómics en Sarzana (Italia), poucos meses máis tarde recibe o premio á “mellor obra estranxeira” na Repúbica Checa, en concreto, no Komiksfest de Praga.
Na última reunión do clube de lectura entregamos e presentamos o libro con ilusión, desexando xa compartir novas experiencias de lectura na próxima sesión.
A cita desta reunión foi a seguinte: “O único medo que hai que ter nesta vida é o de non ser capaz de facer o ben” (Sócrates).

14.1.11

CONCLUSIÓNS A RECKLESS

Tivemos a nosa sesión final de Reckless e a que se montou: Había dous bandos, cuase tres, e todas querían opinar, as que estaban a favor, as en contra e digamos, as indiferentes:
Alicia, capitá das detractoras agumentaba que tanta fantasía non era crible e que o libro non lle aportou nada; Rosa defendía que os libros non teñen que ser necesariamente realistas, hai fábulas protagonizadas por animais que ensinan aos nenos e son fantásticas.
Aida defendía a ultranza a obra, personaxes, argumento, aventuras, amor...
Pilar odiaba aos tres personaxes principales: Jake-Indiana Jones, o seu irmán e a súa noiva: Jake é surrealista, o oposto a seu irmán; non lle gustan as historias que comezan "in mediam res". Nerea non lle ve a graza aos personaxes nen á historia, a autora dá demasiadas voltas.
Falamos da similitude entre a obra e a Guerra das Galaxias (Pai que desaparece e resulta ser o malo da peli).
A coordinadora estaba encantada de que foran tan críticas, de que expresaran libremente as súas valoracións, pensa que serán unhas grandes lectoras no futuro e non se conformarán co primeiro best-seller que lles caia nas mans. Lemos para disfrutar pero tamén nos formamos como lectores e como persoas.
Ben feito chicasssss.

Este trimeste dividímonos en dous grupos pois temos novas lectoras - 4º de ESO e 1º Bacharelato_ en 4ª leremos Tres metros sobre el cielo (texto compatido con Arroyo de San Serván (Badajoz)), en 1º leremos O lápis do carpintero (texto compartido co Liceo Maurice Ravel (Paris)).


FELICES LECTURAS A TOD@S.

6.12.10

QUE ME SUXIRE ESTE CÓMIC?

Na última sesión do clube de lectura de banda deseñada comentamos as impresións dos compañeiros sobre o libro e as súas personaxes (que non son ficticias). Así, definen o libro como “bonito”, “diferente ao que normalmente les en banda deseñada”, tamén como “sincero e tenro”... din “que pode ensinar moito”... Pola súa banda, María, a protagonista é diferente, especial e pode lembrar os nomes de todas as persoas que coñece.
A reflexión desta reunión centrouse en como debemos tratar as persoas diferentes e dependentes. Falamos da importancia de integrar na sociedade a alguén que poida ter algunha deficiencia. Os compañeiros do clube de lectura propuxeron axudas para coidar a aqueles que o precisen por non poder ser autónomos. Foi un debate moi interesante para todos.
Ademais Natalia presentounos unha cita escollida por ela de Tucídides: “A historia é un incesante volver a comezar”.

3.12.10

XOANA emprega os seus poderes para facer o ben.

"XOANA emprega os seus poderes para facer o ben, aínda que o da cascudaaaaa... , pero axuda aos seus pais, a súa amiga, a súa avoa":  Esta é a reflexión que as nosas xoves lectoras de 3º de ESO A extraen da lectura dos capítulos correspondentes a esta sesión; de elas puideren empregarían os poderes para sacarlles un beneficio, pasarían o día escribindo.
Neste encontro falamos tamén da "cita no cine" e todas coinciden de que se lles acontecera a elas chamarían inmediatamente para resolver o equívoco. Outro tema que lles preocupaba é o das espiñas, están de acordo en que cunha espiña como a de Xoana non sairían a rúa.
En xeral as nosas lectoras están desconcertadas, din que a novela é moi fantástica pero atopan moitas feitos nela cos que se identifican; estalles gustando e conclúen en que elas tamén quixeran ter poderes.

25.11.10

Gústame // Non me gusta: Segunda sesión de RECKLESS

Esta mañá tivemos o noso encontro arredor de RECKLESS; Comezamos a sesión repartindo entre as participantes LAZIÑOS VIOLETAS EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO, hoxe a sesión foi máis breve pois queriamos ver o vídeo que se proxectaba na entrada do noso centro en contra da violencia doméstica.

Logo Tania, de 4º A, leunos o poema de Becquer que seleccionaran para iniciar esta sesión:
Volverán las oscuras golondrinas
en tu balcón los nidos a colgar,
y, otra vez, con el ala a sus cristales
jugando llamarán...

E despois.... A GUERRA.... gústame // non me gusta: Xa temos o grupo dividido: A  sección que non gusta do libro comandado por Nerea di que é excesivamente fantasioso, non disfrutan cos personaxes, non lles din nada. A sección á que si lle gusta comandados por Aida (que case acaba o libro do que lle engancha) e Andrea disfrutan do mundo da fantasía, dos personaxes e das aventuras.
Para rematar falamos da influencia dos contos clásicos (Hansel y Gretel, A Bela Durminte) na obra e das conexións entre Jacob e Indiana Jones.
Conseguirá a lectura deste libro conquistalas a todas??????


21.11.10

MÁIS SOBRE O CLUBE DE LECTURA DE BANDA DESEÑADA

bNa última sesión do clube de lectura fixemos unha presentación dos proxectos para este ano: eTwinning con Francia sobre compartir lecturas e o proxecto Arce.
De momento poñémosvos os dentes longos co Trailer do filme que se inspira no cómic que estamos a ler... E pronto continuamos con máis cousas boas e interesantes!