Promethea representa a imaxinación que neste libro sae da mente e realízase no mundo real...

Estivemos comentando estas frases de Moore: "Cando comecei a traballar en banda deseñada era a profesión máis escura do mundo. Non había algo así como un escritor de cómics famoso" e "Hai gobernos por todo o mundo que tratan de convencernos de vivir nas súas ficcións. O gran acto máxico é decidir se vas a vivir na túa propia ficción, se vas a encargarte de escribir unha historia mellor..."
As compañeiras
do clube de lectura de banda deseñada teñen distintas opinións con respecto a esta obra tan peculiar de Alan Moore. Hai gustos para todo: algunhas non lles gustou a obra, a outras si que lles gustou pola estética, ou polo desenvolvemento da imaxinación... Ao final, rematamos debatendo sobre se é posible que se cumpran os soños da nosa imaxinación.A nosa reunión uniuse unha invitada especial: Ana. É unha alumna de 2º da ESO que participou na nosa charla. Un saúdo para todas as compañeiras do clube de lectura de banda deseñada!