Mostrando entradas con la etiqueta club de lectura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta club de lectura. Mostrar todas las entradas

18.5.16

ALGÚNS LECTORES PENSAN QUE "MAUS" DEBERÍA SER LECTURA OBRIGATORIA

Compartimos con vós algúns dos comentarios que o alumnado do club de Banda Deseñada fixo esta mañá sobre Maus de Art Spiegelman:

- LAURA: “Penso que debería ser un libro de lectura obrigatoria. Aprendes moito. Engancha. Gustoume moito. Ademais cando estaba a ler o libro pensaba na sorte que teño de non ter nacido naquela época e naquel lugar.”
- AITANA: “Lin o libro nunha tarde. Encantoume. É unha gran maneira de Tamén penso que debería ser de lectura obrigatoria. Esperaba un final feliz porque el sobreviviu...”
- XIANA: “Gustoume moito. Deberían de facer libros así de todas as guerras... aprenderíamos moito de historia e maneira amena”
- NATALIA: “Ao principio, cando vin o gordo que era o libro e a letra que tiña deume pereza lelo, porén sorprendeume gratamente a lectura e non podía para de ler. Gustoume moito.”
- DIEGO: “O libro é unha pasada. Aprendes moitas cousas. Todo o mundo debería ler este libro. Vladek caeme ben.”

31.1.16

22.12.15

Resolución da convocatoria de Clubs de Lectura para o curso 2015/2016.

Hoxe aos clubs de lectura tocounos a lotería coa resolución da convocatoria de Clubs de lectura da Xunta de Galicia:


Estamos encantad@s coa asignación aos nosos clubs maiormente porque a recibimos tanto polo proxecto que presentamos este curso coma polo traballo realizado no curso pasado 2014-15 e que foi recollido e presentado na Memoria dos clubs.

É un importante recoñecemento ao noso esforzo polo fomento da lectura neste ilusionante proxecto que compartimos tod@s, coordinadores e alumnado, e nais participantes, a cantidade é importante para nós pois axuda a poder manter un nivel de lecturas acualizado e facilitar os nosos desprazamentos para convivir con outros clubs de lectura.

Parabéns para todos e todas por este fermoso agallasallo que hoxe recibimos e que nos anima a seguir compartindo e falando de lecturas un ano máis.

E o noso agradecemento a todo o equipo da Asesoría das Bibliotecas Escolares Galegas por confiar en nós e no noso proxecto (http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/827)... e por escoller a foto do noso club para a noticia.





18.12.15

Clubs de lectura, menú degustación. Nine Paz.

Ola a todos e todas:

Veño de ler un artigo na revista dixital EDUGA no que a nosa aprezada compañeira Nine Paz fala en "clave gastronómica" do marabilloso labor que mediadores e mediadoras dos clubs de lectura para adolescentes realizan.

http://www.edu.xunta.es/eduga/1008/hora-ler/clubs-lectura-menu-degustacion

Describe Nine Paz no seu artigo o seu traballo coma coordinadora, o sentimento que a todos e todas os que formamos parte dun club de lectura nos une, como membros dun grupo unidos pola maxia da lectura, un grupo ao que nos unimos con liberdade contaxiados polo "virus que nos abre novas portas e xanelas".

O reto que supoñen  os e as adolescentes "famentos" de lecturas aos que hai que ofrecer un variado e rico menú, saber escoitar as súas voces,  a proceso de selección de produtos no supermercado editorial ( romper cos estereotipos da literatura xuvenil de masas, coidar e atender ás lecturas na nosa lingua...), o aproveitamento do contexto da lectura, establecer vínculos con adolescentes doutros clubs....

Recoméndovos a lectura atenta deste artigo, atoparedes nel moito do que vivimos nos nosos encontros na biblioteca e tal vez algunha imaxe compartida.

Grazas a Nine pola túa reflexión e a vós que gocedes dos libros  nestas vacacións; á volta xa me contades.


29.4.15

Fantástico obradoiro de Xosé Tomás ofrecido aos alumnos e alumnas dos clubs de lectura


Todos os alumnos e alumnas quedaron abraiados co taller, ameno e didáctico que Xosé Tomás ofreceu na Biblioteca do noso instituto. Xosé Tomás presentou algunhas nocións teóricas da Banda Deseñada e despois realizou un interesante obradoiro. Realmente a sesión con Xosé Tomás foi un éxito pola súa calidade e claridade en todo o que ofreceu ao noso alumnado.
 
Deixámosvos aquí algunhas fotos.





26.2.15

Alumnos dos clubs de lectura compartiron o día de Rosalía con alumnos de Polonia, Chequia, Grecia e Italia

Alumnos dos clubs de lectura presentaron ao alumnado do proxecto Erasmus Plus o día de Rosalía coa intención de dar a coñecer parte da nosa cultura literaria a alumnos doutros países. Aproveitamos para ler poesía con eles. Aquí vos deixamos unha mostra:

Nasín cando as prantas nasen,
no mes das froles nasín,
nunha alborada mainiña,
nunha alborada de abril.
Por eso me chaman Rosa,
mais a do triste sorrir,
con espiñas para todos,
sin ningunha para ti. 
Desque te quixen, ingrato,
todo acabóu para min,
que eras ti para min todo,
miña groria e meu vivir.
¿De qué, pois, te queixas, Mauro?
¿De qué, pois, te queixas, di,
cando sabes que morrera
por te contemplar felís?
Duro cravo me encravaches
con ese teu maldesir,
con ese teu pedir tolo
que non sei qué quer de min,
pois dinche canto dar puden
avariciosa de ti.
O meu corasón che mando
cunha chave para o abrir.
Nin eu teño máis que darche,
nin ti máis que me pedir.
Cantares Gallegos, Rosalía de Castro
 

10.10.14

Os contratos dos clubs de lectura.

Pertencer a un club de lectura é un pracer e tamén é un compromiso, hai que gozar da lectura e hai que asumir responsabilidades. Coa fin de reflexionar sobre esas responsabilidades nos Trasnos dos Libros asinamos un contrato que deberemos cumplir ao longo do ano lector:





23.3.14

Presentamos o club de lectura de 1º de ESO

Este mes, tras unha reorganización dos grupos de lectura, iniciamos a nosa andaina de prácticas lectoras cun novo club; Esta sección  de 1º de ESO está composta por:

Maena (1º ESO B), 
Mónica, Natalia, Sara e Sayonabou (1º ESO C), 
Gabriela, Verónica e Cristina(1º ESO A)

Benvidas todas elas ao noso recuncho lector.

7.3.14

No club de Linguas Clásicas lemos a Catulo.

Tamara e Sonia fan unha breve introducción á Lírica latina e a Catulo, o poeta que estamos a ler esta avaliación:

 

26.11.13

Comparando "As crónicas de Landereina", " Dragal" e "Los juegos del hambre". As personaxes femininas.

 
Esta mañá tivemos unha reunión moi interesante arredor da lectura do grupo 1 de 2º de ESO que partindo da análise de Las crónicas de Landereina rematou falando sobre os libros con protagonistas "heroínas, guerreiras" femininas e comparándoa coa tan sonada "Los juegos del hambre" xa que todas ou leran ou viran a película.
As chicas están encantadas coa lectura, conquistadas pola trama, adoran a Berenguela, sinten a morte de Cátaba e non a comparten; a intriga tenas envoltas e xa non houbo maneira de paralas, para a seguinte sesión vén o libro rematado.
Enredando cos personaxes e os libros de aventuras saltamos de lectura en lectura, comezamos con Dragal (que veñen de ler na aula de galego) e a través de Mónica, a protagonista feminina chegamos a Katleen en Los juegos del hambre; diferentes prototipos as tres de heroínas femininas.
Envoltas en aventuras andan as elas pero no pasado (Berenguela), no presente (Mónica) e no futuro (Katleen); atopan máis afinidades entre Berenguela e Katleen, Mónica é a segunda protagonista para salvar a Adrián, as dúas anteriores son escollidas polo destino para salvar ao seu mundo, ao seu país.
Curiosos estes fíos que elas van tecendo coas súas lecturas, que as levan do texto ao cine, do pasado ao futuro polos camiños da mitoloxía e das probas que hai que superar, o medallón de Adrián e a pedra de Berenguela, as guías no camiño.
Coinciden en que as tres son novelas de aprendizaxe nas que os protagonistas deben superar probas moi duras para salvarse ou para salvar aos seus.
Para a seguinte sesión van reflexionar sobre que elementos narrativos usou a autora para crear Landereina: unha heroína, a recreación dun mundo mítico,                                     unha pedra máxica...


 E alí estamos nós, no blog das Crónicas de Landereina:



http://www.landereina.com/2013/12/as-vosas-opinions-2.html






6.11.13

O QUE IMOS LER NO CLUB DE BANDA DESEÑADA

No grupo 1 de banda deseñada comezamos a ler esta obra de Motorô Mase:

O Ikigami é un comunicado de morte que se lle entrega ao seu portador nun rango de idade de ente os 18 e 24 anos. Ao suxeito que morrerá se lle notifica con só 24 horas de antelación; no momento no que recibe o Ikigami empeza a vivir o último día da súa vida. E todo porque neste pais hai unha lei destinada a que os cidadáns aprecien o “valor da vida” mediante a morte controlada dunha parte da sociedade. A esa lei se lle coñece como “Lei para o sostemento de prosperidade estatal”. A partir desta idea nárranse a experiencia a este respecto de persoas completamente diferentes e con vidas distintas...

No grupo 2 do club de lectura de banda deseñada estamos lendo Nela de Rayco Pulido, unha adaptación do clásico de Benito Pérez Galdós ao cómic... Na sesión de hoxe contamos coa colaboración da profesora de Lingua e Literatura Castelá, Ángeles Fernández. Fixo unha presentación realmente motivadora da obra que nos ocupa e ademais exposo algunhas das características principais de Galdós e da súa obra. Gracias Ángeles pola túa aportación!

Máis adiante os grupos intercambiarán as obras lidas...
Esperamos que o disfrutedes moito!

OS CLUBS DE LECTURA DE BANDA DESEÑADA XA ESTÁN EN MARCHA

Despois de distintas circunstancias (folga, exame, etc) que nos obrigaron a retrasar as nosas reunións por fin arrrancamos con moita ilusión e ganas cos clubs de lectura de banda deseñada.

Xa comezamos a ler! Na próxima entrada contámosvos que libros e ademais a colaboración nunha das sesións de Ángeles Fernández (profesora de Lingua e literatura castelá). 


Déixovos aquí dúas fotos nas que saen algúns dos compoñentes dos clubs de lectura e outra que é chisco de ollo a un dos libros que imos ler:



30.10.13

Presentamos ao club de 2º de ESO, grupo 2


Alejandro, Lidia, Alejandro Dajmani, Lorena, Manuel, Daniel, Noelia e César:

O CADERNO DE ÁNXELA: Club de lectura de 2º ESO, grupo 2



CLUB DE LECTURA DE 2º DE ESO, GRUPO 2:

Esta mañá recibín unha agradable sorpresa cando cheguei á biblioteca; na porta esperábanme Alejandro, Lorena, Cesar, Alejandro Dajmani, Daniel, Noelia, Manuel e Lidia e as súas palabras foron:

- Profe, non entramos, está petado.
Ao que lles contestei:
- Xa vos fago sitio eu.

Mais cal foi a miña sorpresa cando, ao abrir a porta, comprobei que realmente estaba case so completo... e ISO QUE FACÍA SOL...

Por causa dos festivos coincidimos tres grupos de clubs de lectura e a animación era moita.

Nun pequeno recunchiño sentamos e tras a sesión fotográfica, puidemos realizar a nosa reunión sobre os dous primeiros capítulos de O caderno de Ánxela.

No seguinte podcast podedes escoitar as súas intervencións:


                  

26.10.13

CLUB DE LINGUAS CLÁSICAS




O club de lectura de Linguas clásicas comezou as súas reunións dos venres a principios do mes de outubro.


Tras dúas reunións, a inicial de posta en marcha e a primeira de preparación do texto, están traballando cunha introdución á obra de Plauto e o prólogo do deus Mercurio.

Cristina, Laura, Marco Antonio, Andrea, Sonia e Tamara teñen unha proposta dun pequeno traballo que publicarán próximamente no blog de clubs de lectura.