Boas a todos e a todas "Os trasnos dos libros" do IES de Poio:
A nosa coordinadora, a profesora Montserrat Bragado e mais eu, Anxos Rial, xa estamos dándolle voltas ao proxecto para os clubs de lectura deste novo curso; estamos organizándonos e a vindeira semana colocaremos nas aulas a convocatoria para que vos anotedes.
Tamén nesta semana presentaremos o proxecto á aprobación do Consello Escolar. Teremos como xa é habitual o club de comic, o club de narrativa en galego e con un pouco de sorte teremos caras novas á fronte do club.
Esperamos que sexades moitos e moitas os que vos animedes a acompañarnos nesta colorida e marabillosa camiñada polo mundo das lecturas.
Os trasnos dos libros en San Jordi, Día do libro, Barcelona.