Esta mañá tivemos o noso encontro arredor de RECKLESS; Comezamos a sesión repartindo entre as participantes LAZIÑOS VIOLETAS EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO, hoxe a sesión foi máis breve pois queriamos ver o vídeo que se proxectaba na entrada do noso centro en contra da violencia doméstica.
Volverán las oscuras golondrinas
en tu balcón los nidos a colgar,
y, otra vez, con el ala a sus cristales
jugando llamarán...
E despois.... A GUERRA.... gústame // non me gusta: Xa temos o grupo dividido: A sección que non gusta do libro comandado por Nerea di que é excesivamente fantasioso, non disfrutan cos personaxes, non lles din nada. A sección á que si lle gusta comandados por Aida (que case acaba o libro do que lle engancha) e Andrea disfrutan do mundo da fantasía, dos personaxes e das aventuras.
Para rematar falamos da influencia dos contos clásicos (Hansel y Gretel, A Bela Durminte) na obra e das conexións entre Jacob e Indiana Jones.
Conseguirá a lectura deste libro conquistalas a todas??????