Este numeroso grupo de club de lectura
de Francés 4º da ESO está lendo a obra de Tahar ben Jelloun Le
racisme expliqué à ma fille Seuil.
Na obra un pai (o autor) conversa coa súa filla de 10 anos sobre o
racismo, nun diálogo sinxelo e intelixente. Trátase dunha lectura
amena, que percorrendo unha temática de actualidade realiza a
función de que o alumnado aprenda competencias da lingua francesa
seguindo as indicacións e pasos da coordinadora do club, María
Rodríguez do Departamento de Francés.
4.3.15
Club de lectura de ESCOLA DE FAMILIAS do IES de Poio
Desde comezo de ano iniciou a súa
marcha o club de lectura de Escola de Familias coordinado pola
orientadora Laura Malvar e integrado polas familias dos nosos
alumnos. Trátase dunha idea orixinal e interesante que comeza xa a
dar os seus froitos.
Velaquí deixámosvos dúas fotografías
de interese:
-Na primeira atopamos a algúns dos
membros do club nunha das reunións mensuais na Biblioteca.
- Na segunda fotografía vemos unha suxestiva
dinámica que realizou o club na última sesión. Tratouse de
compartir un fío de la dun ovillo. Cada compoñente do club ía
collendo por quendas a la e expresaba medos e esperanzas respecto dos
fillos. A continuación agarraba o fío e dáballo a outro membro ,de
tal xeito que o resultado final foi unha tea de araña, unha maraña,
unha rede de fíos (como se pode observar na foto)... Dito resultado
representa multitude de interesantes cuestións: pode ser a imaxe da
mente dos adolescentes, a rede de fíos tendida entre as familias no
club...
A lectura compartida do club de Escola
de Familias é La edad del pavo
de Alejandra Vallejo-Nágera...
Etiquetas:
Club de lectura ESCOLA DE FAMILIAS
Suscribirse a:
Entradas (Atom)