Mañá teremos a segunda sesión de A TRES METROS SOBRE EL CIELO; nesta parte aparecen personaxes secundarios que van ser fundamentais no desenvolvemento da trama como a Giaccia pofesora de latín ou Paolo o irmán de Step, e outros como Sergio o do garaxe ou María a señora da limpeza.
Coñeceremos algo máis do pasado do potagonista e os seus probremas coa xustiza, e da súa relación cos pais, en concreto coa nai (relación que provoca a furia de Step fronte ao mundo).
Penso que este é o apartado máis cinematográfico da noveliña, en concreto o capítulo 23 onde se refiren as carreiras (escea que pode ter como antecedente as carreiras de "Rebelde sin causa" ou as de "Grease"); o capítulo é moi extenso en relación ao resto e predomina a acción, posiblemente resultou moi vistoso na película polas motos e as Camomilas (velocidade, risco, perigo...).
Tamén podemos destacar a incondicional relación de amizade -adolescente- entre Babi e Pallina, por exemplo no capítulo 19.
Para rematar citaría os múltiples enfrentamentos verbais entre os dous protagonistas que manteñen a tensión previa ao namoramento.
Agora vexamos algunhas esceas da película italiana:
