Mostrando entradas con la etiqueta 2º ESO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 2º ESO. Mostrar todas las entradas

10.11.15

Hoxe comezamos a ler no grupo B do Club de 2º da ESO o poemario de Carlos Negro, Penúltimas tendencias. Aínda non chegamos á metade da lectura, pero entre os rapaces e rapazas xa saíron bastantes ideas interesantes que resumen este libro de poemas: "A moda acaba coas túas palabras", "As princesas de Disney son un cárcere", "O mundo tínguese de rosa", "Bolsas debaixo do brazo"... 
Esperemos que moitas ideas máis xurdan nunha próxima lectura!


30.10.13

Presentamos ao club de 2º de ESO, grupo 2


Alejandro, Lidia, Alejandro Dajmani, Lorena, Manuel, Daniel, Noelia e César:

O CADERNO DE ÁNXELA: Club de lectura de 2º ESO, grupo 2



CLUB DE LECTURA DE 2º DE ESO, GRUPO 2:

Esta mañá recibín unha agradable sorpresa cando cheguei á biblioteca; na porta esperábanme Alejandro, Lorena, Cesar, Alejandro Dajmani, Daniel, Noelia, Manuel e Lidia e as súas palabras foron:

- Profe, non entramos, está petado.
Ao que lles contestei:
- Xa vos fago sitio eu.

Mais cal foi a miña sorpresa cando, ao abrir a porta, comprobei que realmente estaba case so completo... e ISO QUE FACÍA SOL...

Por causa dos festivos coincidimos tres grupos de clubs de lectura e a animación era moita.

Nun pequeno recunchiño sentamos e tras a sesión fotográfica, puidemos realizar a nosa reunión sobre os dous primeiros capítulos de O caderno de Ánxela.

No seguinte podcast podedes escoitar as súas intervencións:


                  

22.10.13

Presentamos ao grupo 1 de 2º de ESO. As crónicas de Landereina.


Estas chicas empezan a súa primeira andaina en Club de Lectura con moita ilusión e moitas enerxías: puntuais nas dúas reunións que fixemos, cos deberes das lecturas cumpridos e con moitas ganas de falar de libros.Guiño

Lidia, Mª José, Patricia, Carolina, María, Carla, Carmen, Ainara e Ingrid preséntannos as súas primeiras impresións sobre a súa lectura dos capítulos 1 e 2 de “Bágoa de Lúa” o primeiro tomo da triloxía de “As cronícas de Landereina” de Sabela González:




Aproveitamos para presentarvos o blog do libro “As crónicas de Landereina” onde podedes atopar información de primeira man, da da autora, sobre o tres libros e noticias de edición, publicación, encontros, etc. Non deixedes de darvos unha volta por esta páxina: