26.10.13
CLUB DE LINGUAS CLÁSICAS
O club de lectura de Linguas clásicas comezou as súas reunións dos venres a principios do mes de outubro.
Tras dúas reunións, a inicial de posta en marcha e a primeira de preparación do texto, están traballando cunha introdución á obra de Plauto e o prólogo do deus Mercurio.
Cristina, Laura, Marco Antonio, Andrea, Sonia e Tamara teñen unha proposta dun pequeno traballo que publicarán próximamente no blog de clubs de lectura.
Etiquetas:
club de lectura,
linguas clasicas,
plauto
22.10.13
Presentamos ao grupo 1 de 2º de ESO. As crónicas de Landereina.
Estas chicas empezan a súa primeira andaina en Club de Lectura con moita ilusión e moitas enerxías: puntuais nas dúas reunións que fixemos, cos deberes das lecturas cumpridos e con moitas ganas de falar de libros.

Lidia, Mª José, Patricia, Carolina, María, Carla, Carmen, Ainara e Ingrid preséntannos as súas primeiras impresións sobre a súa lectura dos capítulos 1 e 2 de “Bágoa de Lúa” o primeiro tomo da triloxía de “As cronícas de Landereina” de Sabela González:
Aproveitamos para presentarvos o blog do libro “As crónicas de Landereina” onde podedes atopar información de primeira man, da da autora, sobre o tres libros e noticias de edición, publicación, encontros, etc. Non deixedes de darvos unha volta por esta páxina:
Etiquetas:
2º ESO,
cronicas de landereina,
lecturas compartidas,
PODCAST
Suscribirse a:
Entradas (Atom)