Esta mañá tivemos a primeira sesión de presentación do club de lectura de 2º de ESO, ben puntuais estabamos todos e todas (Fran, Blanca, Jessi, Yolanda, Iria e Iria, Gabriela, Maena, ben, menos Sara que se nos despistou un pouco) para asinar o noso contrato, presentar a primeira lectura e pactar.
De novo e por terceiro curso consecutivo vainos acompañar O corazón de Xúpiter de Ledicia Costas, unha lectura que seguro que lles vai encantar.
Con ilusión fixemos as fotos de familia e aquí nos tedes:
E Ledicia dixo:
"Grazas a vós, por mostrarme sempre tanto agarimo! Mándalle un saúdo a toda esa rapazada"