Nesta ocasión o libro de Nela gustou a
todos os participantes do club de lectura de banda deseñada. Aquí
extraemos algúns dos comentarios dos nosos lectores.
Soraya: “O cego simboliza que a
humanidade canto máis lle des máis dano vai facer. As sociedades
avanzadas son as que máis dano fan ao mundo e as persoas...”
Brandán: “O cego pode ver o que non
se ve”
“O cego era boa persoa ata que
recuperou a vista”
Laura: “O libro suxire que ás veces
os que verdadeiramente estamos cegos somos o que temos vista porque
non nos fixamos no que é certamente unha persoa, distraémonos con
outras cousas...”
Ambar: “É un libro triste, mais
gustoume moito”
Sofia: “Unha obra triste e bonita á
vez”