Hoxe ademais de darlle a benvida a un novo compoñente do nos club, Cristina de 1º de ESO, tivemos a reunión dos mércores: Aquí tedes os podcast da posta en común desta mañá na biblio, as conclusións de "O corazón de Xúpiter", acordo unánime sobre o libro.
10.12.14
Sesión final de "O corazón de Xúpiter"
9.12.14
INTERESANTES E PRODUTIVAS SESIÓNS DO CLUB DE BANDA DESEÑADA
Compartir
a lectura de El paréntesis de
Élodie Durand no club de lectura ven sendo unha intensa e
gratificante experiencia. Esta obra flúe a través dunha especie de
acto de resiliencia da autora, é dicir, de expresar, a través dela,
a capacidade de repoñerse ante as adversidades. El paréntesis é un
cómic autobiográfico que narra o período de sete anos nos que
Élodie foi diagnosticada, tratada e curada dun tumor cerebral que
lle provocaba ataques epilépticos e perda de memoria ata o punto de
obrigala a cuestionarse a súa propia identidade.
Esta
vez un dos métodos que empregamos para traballar a obra foi a
análise das imaxes, imaxes que a autora debuxou tanto baixo os
efectos da enfermidade como en estado de recuperación. A
continuación vos presentamos algunhas das moitas imaxes coas que
traballamos sempre como punto de partida para chegar a diferentes
temáticas e interpretacións de lecturas debuxadas.
Na
hermenéutica feita no club de lectura desta primeira imaxe os
propios alumnos suxeriron estas ideas sobre as que despois
traballamos e discutimos:
- A
soidade dos incomprendidos que son acosados pola mirada dos outros
- A
mirada aos diferentes
Nas seguintes imaxes vese como a autora representa en toda a obra a enfermidade como un mostro, como unha sombra escura...
O CLUB DE LECTURA DE 4º DA ESO
No club de lectura de 4º da ESO coordinado pola profesora Mª Elena Costas Crespo estase a ler Hotel Almirante de Marta Rivera de la Cruz.
A obra céntrase en Cristina Sanjuán, unha moza madrileña que elixiu un estraño lugar para acabar coa súa vida: unha habitación do Hotel Almirante en Ribanova. A rapariga nunca antes estivera na cidade, ninguén a coñecía, ninguén sabe por que se suicidou. Con todo, Cristina tiña un motivo para seleccionar o escenario da súa morte e o certo é que esta non podía suceder doutro xeito. Hotel Almirante reconstrúe unha apaixonante e desagarradora historia de amor, á vez que se desenvolve a historia do hotel, desde a súa fundación na segunda década do século XX ata os anos de posguerra.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)