Mostrando entradas con la etiqueta elena gallego abad. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta elena gallego abad. Mostrar todas las entradas

12.11.13

DRAGAL COS TRASNOS DOS LIBROS: VISITOUNOS ELENA GALLEGO ABAD .


"A biblioteca do IES de Poio é un lugar máxico, cheo de Trasnos e algún ca outro dragón. Para mostra, esta imaxe de hoxe mesmo:



Estas son as palabras que Elena Gallego Abad nos deixa no seu Facebook tras a súa visita á nosa biblioteca esta mañá.

A súa intervención comezou cunha pregunta: 
Que acontecería se na vida real houbese dragóns?  Eu quería que cando lerades os libros de Dragal dubidaredes se existen ou non os dragóns xa que logo todo o que hai en Dragal existe. Quería tecer unha fantasía nova a partir da Historia que xa existe e vencellala a Galicia".

E logo viñeron máis preguntas...
E o final de Dragal? O final escribiuse el só.
Como se publicou? Se queredes que algo se publique ten que ser moi especial; eu quedei finalista no Premio Fundación Caixa Galicia e o editor díxome que a novela estaba sen acabar ao que lle respostei que era unha triloxía. Dragal I,II, III escribiuse deseguido e nunha cea contactoume un produtor de cine polo que agora vaise rodar unha serie de TV, un proxecto educativo  e un vídeo-xogo. Finalmente Dragal serán tres triloxías.

E as ilustracións? O ilustrador foi Miguel Abad e debeu combinar na imaxe misterio, románico e humanidade.En galicia hai cultura, dragóns e pode haber libros fantásticos divertidos.
Por qué unha historia fantástica?  Eu só lera Harry Potter e Julio Verne, o máis fantástico que lin; intentei dicirlle cousas ao meu fillo que non me ía escoitar pero si ler, se o di un personaxe a mensaxe vai chegar a máis persoas, o meu fillo ía lelo por ser unha novela fantástica. 

Sentícheste identificada con algún personaxe? En Dragal III, os rapaces que sofren bulling identifícanse e fainos sentir mellor.
Hadrián é o teu fillo? Hadrián só é o meu fillo na forma de commer galletas, no resto non.

Que te inspirou? O que eu falaba era historia mais non había ningunha historia dun rapaz que se transformara en dragón.
Do que investigaches, que foi o que che pareceu máis incrible? O dragón está máis presente do que pensamos - no escudo do Madrid, en Gaudí, na anatomía de Leonardo da Vinci...- e houbo intencións de borralo.

Por qué ambientaches a novela en Galicia? En Galicia hai catacumbas, hai igrexas románicas, capelas con dragóns, pozas da moura...
E a maxia? Hai sitios máxicos e para min a biblioteca é o sitio máis máxico, se lle engades unha chave e unha prohibición... xa hai maxia.

E falamos e falamos, e falamos... realmente tod@s nos sentimos moi a gusto con Elena, creouse un ambiente agradable e máxico entre trasnos e dragóns; Moitas grazas Elena.

DRAGAL NO IES DE POIO on PhotoPeach  
     
                   

29.5.13

DRAGAL chegou á biblioteca.

Sara, Dessire e Gabriela de 3º de ESO D sorprendéronnos cun curioso agasallo: un fermoso Dragal para a nosa biblioteca y aquí está acompañándonos nas lecturas e nos estudios:


26.5.13

De catacumbas e pedras da serpe: Brais completa o contexto de DRAGAL.


Pedra da Serpe de Ponteceso






Brais Rey de 3º de ESO C segue axudándonos a completar o contexto en relación coa novela de Elena Gallego Abad, DRAGAL.



"As pedras da serpe:

As pedras da serpe son pedras con petroglifos chamados zoomorfos por gardar unnha similitude con animais, nestas laxes grabáronse as serpes na idade de bronce, por que? Non se sabe, pero hai diversas teorías, o que sí sabemos é que os paisanos fixeron as súas propias.
As lendas populares atoparon nestes gravados una fonte de superticións, mitos e demáis relatos que máis tarde a igrexa cristianizou a súa maneira, tal é o caso de San Hadrián, probablemente Hadrián sería una personaxe de lendas populares cun grande seguimento pola xente. Chegou a igrexa e fixoo santo, para quítalo da paganidade e por conveniencia."




"As catacumbas:


As catacumbas son depósitos funerarios típicamente romanos, estes non enterraban aos seus mortos, depósitábanos nun nicho escavado na pedra ou feito con ladrillos dalgún tipo. Naquela a demanda para seren “gardados” nas catacumbas era alta, tanto que nos nichos en vez de un corpo as veces había tantos que non había burato ningún…
Nas catacumbas celebrábanse ritos de sectas e relixións cando non querían seren atopados ou cando querían sentirse preto dos devanceiros.
Estas construccións soían facerse en galerías subterráneas nas que se facían ampliacións cada pouco e de maneira un tanto peculiar, facendo delas un labirinto caótico e escuro.
Na orixe da igrexa de san Pedro, as catacumbas eran o lugar no que se construíu o templo Dragalino, supoño porque eran un labirinto no que ninquén se metía sen un mapa na aman e estaba lonxe de miradas indiscretas.
 A igrexa foi una maneira de frear aos Dragalinos sen moito resultado, xa que estes seguiron entrando no templo de Dragal e mesmo anos máis tarde conseguiron substituír a cruz de pedra da fachada da igrexa pola quimera do dragón.Sen embargo o templo cristian resentiu a orde Dragalina ao acumular o poder das oracións de feligreses co paso sos séculos, e ao soterrar no esquecemento o pasadizo de debaixo do altar.
Un dos segredos dos pasadizos das catacumbas foi a cabeza metálica de Dragal, peza clave ao ser a chave máxica da cripta de Dragal e ao condensar una parte do poder deste."



Brais 

15.5.13

Brais preséntanos DRAGAL

Recollemos algunhas reflexións de Brais Rey (3º de ESO C) ao longo da súa lectura de DRAGAL de Elena Gallego Abad:
4ª semana:
    A irmandade do dragón foi creada polos dicípulos do apóstolo Santiago, según conta a lenda. Tras finar o apóstolo os discípulos buscaron un lugar de reposo para os restos deste, e chegaron a Galicia, alí atopáronse coa raíña Lupa, que lles negou o uso das terras e tras insistentes negativas envioulles a Dragal para quitalos do medio, pero contra todo prognóstico os discípulos derrotaron ao monstro. Tras o enterramento do apóstolo, os discípulos seguiron unidos e marabillados ante a forza do dragón, tanto lles fascinou e tanto aprenderon da esecia máxica-alquímica daquel ser, que fundaron a orde de Dragal.
    A orde constaba de sete cabaleiros que xuraran que tras duns séculos o tempo do dragón volvería a vida renacendo con eles. Os cabaleiros levan tatuado no brazo un ouroboros que simboliza o ciclo eterno, a condición de cabaleiro traspásase ao primoxénito deste, que herda a marca do ouroboros. Os cabaleiros agardan a chegada do Dragón e protexen as claves da ciencia secreta, necesarias para a reunión deste.
    drag8
    (Imaxe de Paula Crespo, 3º ESO B)
    5ª semana:
    As mouras son seres que descenden das crenzas pagás anteriores a cristianización en Galicia. Son seres de apariencia humana que posúen poderes sobrenaturais. A lenda da poza da Moura conta que un feiticeiro e a súa filla foron combater ao dragón, pero que o dragón namorouse da filla deste e raptouna para sí. A lenda conta que segue prisioneira nunha cova tras da poza agardando polo héroe que a rescate, ao cal recompensará cun dos segredos do dragón.