11.11.10

PRIMEIRA SESIÓN DE RECKLESS

Esta mañá tivemos a primeira xuntanza para falar de Reckless; para comenzar Andrea agasallounos cun fermoso poema de Rosalía de Castro "Unha vez tiven un cravo..." que escolleu porque lle suxire que fala da perda do amor, cando o amor se vai, fica un espazo que non se ocupa, unha tristeza que non se vai.
Sobre o libro de lectura, en xeral, estaban un pouco desconcertadas cos personaxes e co mundo de ficción. Coincidimos que a autora nos primeiros capítulos busca desorientarnos  - Alicia non comprendía que se os goils son de pedra como poden andar e moverse, como un humano chega a converterse en goyl?????- coa finalidade de captar o noso interés.
Chamoulles a atención o personaxe da raposa ata que a relacionamos cos lobishomes e as mudanzas de pel, falamos de Clara e o amor...; tamén relacionamos a historia do pai desaparecido coa figura do pai de Skaiwalker na Guerra das Galaxias.
Finalmente coinciden en que lles está a "enganchar", que seguiremos lendo.

7.11.10

PRESENTÁMOSVOS O PRIMEIRO CÓMIC QUE IMOS LER:

 
A obra María y yo foi Premio Nacional do Cómic de Cataluña 2008. Foi tamén nominada nas categorías de "mellor obra" e "mellor guión" no Salón Internacional do Cómic de Barcelona de 2008. 

Miguel Gallardo nos relata unha viaxe coa súa filla María. Esta "ten 12 anos, un soriso contaxioso, un sentido do humor especial e ten autismo". Así, Miguel e María fannos viaxar con eles a través dunha obra tenra e entrañable, cargada de leccións de vida...
Esperamos que o disfrutedes moito!
Xa nos contaredes, será interesante intercambiar puntos de vista. 

INAUGURAMOS O CLUBE DE LECTURA DE BANDA DESEÑADA O PASADO XOVES

O pasado xoves démoslle a BENVIDA aos alumnos do clube de lectura de banda deseñada do curso 2010-2011. Algúns non puideron asistir porque tiñan exame. Aínda que non saian na foto tamén lles dedicamos esta entrada do blogger.

31.10.10

XA ARRANCAMOS ESTE CURSO CO CLUBE DE LECTURA DE BANDA DESEÑADA!

O vindeiro xoves temos a primeira reunión do curso 2010-2011 do clube de lectura de banda deseñada! Xa vos contaremos... De momento deixámosvos cunha guía de recursos de banda deseñada da rede MOI INTERESANTE. Agardamos que vos sexa de moita utilidade!

- Banda deseñada. O soportal da banda deseñada galega, dentro do Consello da Cultura Galega
http://www.culturagalega.org/bd/
- Revista e editora de banda deseñada en galego 

http://www.bdbanda.com/
- Exposición de banda deseñada galega
http://www.bdbanda.com/contido/wp-content/Dia%20da%20banda.pdf
- Páxina do colectivo de autores de cómic, ilustradores e deseñadores que teñen a súa base de
operacións en Galicia: http://www.polaqiacomic.com/
- Blogue dedicado ao cómic realizado desde as Bibliotecas Municipais de A Coruña http://bijcomic.blogsome.com/tratamos/
- Blogue do Club de lectura do cómic na Biblioteca municipal de Porriño
http://biblioporrinocomic.wordpress.com/
- Debuxantes de cómic dentro da Asociación galega de Profesionais da Ilustración AGPI:
http://www.agpi.es/ilustradores.php?obras=8
http://www.autoresdecomic.com/

- Blogue do Salón do Cómic “Viñetas desde o Atlántico”: http://vinetasatlantico.blogspot.com/
- Blogue sobre cómic mantido por varios editores, creadores e críticos de banda deseñada:
- http://www.zonafandom.com/
- http://www.entrecomics.com/

- Xornadas de banda deseñada de Ourense: http://www.casaxou.com/bd/
- Salón do cómic de Cangas:  

http://www.salondocomicdecangas.com/
- Páxinas de creadores:
- http://baobabestudio.blogspot.com/
- http://mporto.blogspot.com/
- http://www.victorrivas.com/comic
- Páxinas de librarías especializadas ou comictecas:
- http://www.murciaattacks.com/espacios_librerias.php
- http://historietastresespacios.blogspot.com/
- http://yakatatresespacios.blogspot.com/
- http://www.level426.com/nostromo/

- Diarios de lectores de b.d. :   

http://www.lacarceldepapel.com/,
http://jirotaniguchi.blogspot.com/

- Webs dedicados ao comic, os seus autores e autoras, as súas confluencias con outras artes...:
http://www.zonanegativa.com/, http://www.actualidadcomic.com/
- Web do Salón do cómic de Barcelona: http://www.ficomic.com/ 

RECKLESS NA NUBE

Wordle: RECKLESS

29.10.10

COMEZAMOS A ANDAINA DOS CLUBS 2010/11 CON PODEROSA E RECKLESS

Aquí estamos comenzando unha nova andaina con novas caras e novos libros:
PODEROSA

RECLESS

5.10.10

CURSO 2010/11

Estámonos preparando para reiniciar as nosas lecturas, traballo burócrático: listas, contactos, proxectos... xa falta menos. Este curso teremos tres clubs: dous de narrativa ( un de bacharelato e outro de ESO) e un de banda deseñada; como novidade colaboraremos nas nosas tarefas con tres grupos de lectura nacionais (Canarias, Murcia e Badajoz) e un grupo europeo, de La France (as profes estamos perfilando as lecturas, actividades, viaxes, etc.). Para facer boca aquí vos adianto algúns títulos:

RECKLESS. CARNE DE PEDRA de CORNELIA FUNKE: "Jacob Reckless cometeu un erro: despois de moitos anos de precaución, seu irmán Will cruzou o espello"

PODEROSA de SERGIO KLEIN: " Joana, unha chica que quere ser escritora ten un sorprendente poder: fai que a ficción se transforme en realidade"

O LAPIS DO CARPINTEIRO de MANUEL RIVAS: "Unha historia de amor, melancolía e liberdade en tempo de guerra"

O PINTOR DO SOMBREIRO DE MALVAS de MARCOS CALVEIRO: "Uu adolescente é enviado pola súa nai dende París a pasar unha boa tempada na vila de Auvers onde coñecera ao pintor."



6.6.10

O CLUBE DE LECTURA DE BANDA DESEÑADA ESTÁ LENDO "PROMETHEA" DE ALAN MOORE

Nesta ocasión estamos a ler Promethea, unha obra ilustrada na súa maior parte por J. H. Williams e cuxo guión corre da man de Alan Moore, o cal está considerado un dos mellores guionistas do mundo.
Promethea representa a imaxinación que neste libro sae da mente e realízase no mundo real...
Estivemos comentando estas frases de Moore: "Cando comecei a traballar en banda deseñada era a profesión máis escura do mundo. Non había algo así como un escritor de cómics famoso" e "Hai gobernos por todo o mundo que tratan de convencernos de vivir nas súas ficcións. O gran acto máxico é decidir se vas a vivir na túa propia ficción, se vas a encargarte de escribir unha historia mellor..."
As compañeiras do clube de lectura de banda deseñada teñen distintas opinións con respecto a esta obra tan peculiar de Alan Moore. Hai gustos para todo: algunhas non lles gustou a obra, a outras si que lles gustou pola estética, ou polo desenvolvemento da imaxinación... Ao final, rematamos debatendo sobre se é posible que se cumpran os soños da nosa imaxinación.
A nosa reunión uniuse unha invitada especial: Ana. É unha alumna de 2º da ESO que participou na nosa charla. Un saúdo para todas as compañeiras do clube de lectura de banda deseñada!