10.3.11

Penúltima sesión de "TRES METROS SOBRE EL CIELO" (I)

Esta mañá tivemos a nosa penúltima sesión de "Tres metros sobre el cielo" xa que a última será unha sesión TIC. Xa todas temos o libro rematado, primeiro lemos as conclusións xerais a esta parte (capítulo 26 ao final):

Esta segunda parte é máis densa cá primeira, hai máis acción, narra a consolidación do proceso e o asentamento dos sentimentos entre Babi – Step, entre Pallina – Pollo, concreción de actitudes ante a relación, de Rafaella, chantaxe da profesora Giacci, presentación do conflito Babi-Step, Babi-Rafaella, relación entre Paolo-Step.

Esta parte é moi desproporcionada en canto a extensión dos capítulos e aos feitos narrados ( capítulos moi breves como o 40,41 –tal vez serven de enlace- ou longos como o 53; nos que case non hai acción como 36, 37 fronte a todos os acontecementos do 53 o capítulo máis denso da noveliña, onde a redución temporal é de 6 meses aproximadamente con numerosos saltos temporais cara atrás). Comprendemos agora  (compartimos?) as reaccións violentas de Step provocadas pola frustrada relación coa súa nai á que adora pero non acepta (encontro capítulo 33 e salto atrás de 2 anos no 34).

Atopamos tamén a valoración que Step fai do que está de moda entre os xoves “Lo que va hoy es el matón, el gamberro” (pp.229) ou o que del pensan “ nunca les gusto a las madres”(pp. 232) a que del fai Rafaella “Que cara tan dura” (pp.234).

A visión social dos pais sobre o conflito está moi clara nas palabras de Rafaella: “Que va a decir a los vecinos, a las amigas…” (pp. 235), na reacción da escola “5000 € para beneficencia “ (cap. 44), ou nas palabras de Babi á súa nai “sois unos payasos” (pp386).


É importante a descrición que se fai da pofesora, a súa actitude na aula fronte a súa vida privada (cap. 30), a extorsión que sofre (pp330-333), e as súas explicacións a Babi  (cap. 53).

As chicas coincidiron en que as razóns do fracaso da relación está en varias circunstancias: Step é moi violento e non pode cambiar, deixouno polos pais dela, rematou a relación porque empeza unha vida nova, pola presión social...
Acusan as reaccións violentas de Step á súa frustrada relación co pai, á adoración que sinte pola nai  a pesar de que engana ao pai, polo desamor en xeral. 
O momento máis importante do libro é cando Step dille a Babi que está a tres metros do ceo e cando esta le a pintada na ponte.  
Continuaraaa..... 

4.3.11

CITIZEN de Cia CHEVERE: os clubes de lectura fomos ao teatro.

Para ir saboreando o inicio do antroido, os clubes de lectura ao completo asistimos a posta en escea de CITIZEN do grupo Chévere de teatro no marco das actividades do salón do libro.
A obra conta só con dous actores, Patricia de Lorenzo e Manuel Cortés que actúan como narradores e como personaxes da historia (Sara C. e A.O.), da súa man  situámonos en novembro de 1975, no momento da morte de Franco; este feito serve como marco histórico de partida e como elemento de unión entre a película Cidadán Kane de Orsson Wells e a historia que se narra, a entrevista que Sara fai ao empresario galego A.O.
A obra desborda ironía e unha chea de críticas veladas pero explícitas de: Globalización, sistema económico, explotación do traballador, explotación do consumidor, o papel da muller, a política xuvenil dos fins dos 70 e mesmo es relación de home-muller.
A posta en escea combina o traballo dos actores (impecable) coas proxeccións dos vídeos de anuncios publicitarios da época, os diferentes enfoques das gravacións dos propios personaxes (distintos puntos de vista en imáxenes e en ideoloxías); a música (o eterno "Bela sen alma" de Richard Cocciante que a tantos xoves do momento namorou e que serve de marco ao encontro amoroso dos personaxes), os cambios de luz e de localización dos actores suplen os cambios de escenarios ou personaxes...
Quizais moita información para un publico adolescente do século XXI que descoñece case todo dos anos do fin da dictadura, para moitos foi todo un descobremento; si que identificaron o estilo dos comercios Zara, -coa descrición que os actores fan da tenda- e ao seu fundador A.O.
Unha sesión nas súas palabras moi aproveitada, gozamos da obra e de poder compartila e comentala logo entre tod@s.

19.2.11

O grupo do clube de lectura vai ao teatro!

 Con motivo do XII Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra fomos ao teatro a ver Alicia & Alicia de LA Producións Artísticas. Tratábase dunha adaptación contemporánea da obra clásica de Lewis Carroll. A saída houbo un intercambio de críticas e reflexións sobre a obra. Neste día tivemos unha nova experiencia na que todos exercitamos o noso espírito crítico e analítico.







Que máis da "Tetería del oso malayo"?

Non hai fonte limpa sen que o ser humano meta a súa gadoupa e a ensucie na súa natureza (Pío Baroja). Con esta cita que nos trouxo Oliver comezamos a última sesión do clube de lectura. Nesta ocasión centrámonos sobre todo na figura do autor da obra de BD neste caso David Rubín. Falamos da súa traxectoria profesional e dos sentimentos que nos transmitía a través da súas creacións. Todos coincidían en que o sentimento máis presente é a esperanza. Tamén observamos varios debuxos e cada un tratou de dicir o que lle transmitían... Foi moi interesante...
E xa que falamos do autor, aquí vos deixamos co trailer do recentemente estreado documental sobre David Rubín, Radiografía dun autor de tebeos, dirixido por Marcos Nine.

Segunda sesión de A TRES METROS SOBRE CIELO

Mañá teremos a segunda sesión de A TRES METROS SOBRE EL CIELO; nesta parte aparecen personaxes secundarios que van ser fundamentais no desenvolvemento da trama como a Giaccia pofesora de latín ou Paolo o irmán de Step, e outros como Sergio o do garaxe ou María a señora da limpeza.
Coñeceremos algo máis do pasado do potagonista e os seus probremas coa xustiza, e da súa relación cos pais, en concreto coa nai (relación que provoca a furia de Step fronte ao mundo).
Penso que este é o apartado máis cinematográfico da noveliña, en concreto o capítulo 23 onde se refiren as carreiras (escea que pode ter como antecedente as carreiras de "Rebelde sin causa" ou as de "Grease"); o capítulo é moi extenso en relación ao resto e predomina a acción, posiblemente resultou moi vistoso na película polas motos e as Camomilas (velocidade, risco, perigo...).
Tamén podemos destacar a incondicional relación de amizade -adolescente- entre Babi e Pallina, por exemplo no capítulo 19.
Para rematar citaría os múltiples enfrentamentos verbais entre os dous protagonistas que manteñen a tensión previa ao namoramento.

Agora vexamos algunhas esceas da película italiana:

13.2.11

O pintor do sombreiro de malvas en 3º de ESO.

En 3º de ESO, proxecto ARCE, estamos lendo O pintor do sombreiro de malvas de Marcos Calveiro; o pasado venres realizamos o noso primeiro achegamento en común ao libro: falamos da figura de Vincent Van Gogh, de pintura, do noso innominado narrador-protagonista (Porqué non ten nome?), de Adeline e do pobo.
Ás chicas estalles gustando o libro, mesmo algunha xa o ten rematado; para profundizar máis na figura do noso pintor e nas súas obras aquí temos unha presentación que achega o libro á pintura.

9.2.11

MIL E UN POEMAS DE AMOR

Da man de Scherezade a narradora de As mil e unha noites, chéganos esta selección de poemas de amor dalgúns dos mellores poetas da literatura galega, mil saúdos amorosos para tod@s:

e se queredes disfrutar dun bo listado de obras, ide a este enlace:
http://osegrel.glogster.com/lecturas-con-moito-amor-/


31.1.11

LIRE ET PARTAGER - LER E COMPATIR , proxecto e-twining.

As nosas alumnas do club de lectura de 4º de ESO e 1º de Bacharelato paticipan nun proxecto de lectura co Lycée Maurice Ravel de París a través da plataforma europea E-twining.
O proxecto consiste basicamente en facer lecturas comúns e intercambiar experiencias e actividades arredor das mesmas; as comunicacións fanse en francés (as nosas alumnas) e en español (os alumnos franceses) polo que ademais ambos practican as súas respectivas linguas estranxeiras.
Os autores son escritores galegos e españois, nós lemos en galego e ales en español. Contamos cun blog na paltaforma, correo e un chat que xa usamos en dúas ocasións para comunicarnos.
Aquí vos deixo a programación para este segundo trimestre:

PROXECTOS PARA E-TWINING DO 2º TRIMESTRE

1. Lectura en común do conto “Unha barra de pan” de Manuel Rivas, sen chegar a rematalo, deixando un final aberto para que as alumnas do club de lectura, acheguen un final que consideren axeitado ao conto; enviaran logo através de E-twining este final para que o poidan ler os seus compañeiros franceses, que previamente farán o mesmo.

2. Lectura en conxunto do conto La guerra de los Yacarés, sacado de Cuentos de la selva de Horacio Quiroga. Algúns alumnos van ler e presentar aos demais outro conto do mesmo libro, van facer fichas de lecturas sen rebelar o final, cortando no lugar máis axeitado para que os demais sexan quen de continualo.

3. Lectura do Lapis do Carpinteiro de Manuel Rivas; libro no que se trata como telón de fondo o tema da Guerra Civil española e que vai servir para comentar cos homólogos franceses aspectos que se relacionan nel. Ademais faráse un visionado da pelicula co que se traballará tamén a posta en escena do libro e os vantaxes e inconvenientes que ofrecen a lectura do libro ou a representación deste.

4. En cuarto lugar faremos unha selección dos libros que posúen na súa Biblioteca os alumnos franceses e tentaremos, através de pequenas recensións animalos a que os lean. Os alumnos do club farán unha selección de libros en español ou en galego traducidos ao español (non de autores estranxeiros) que máis lle gustaron e enviaránlle aos alumnos franceses breves recensións ou indicacións nas que os animen a que os lean, e lles expliquen porqué lles gustaron. Esta actividade faráse através do chat en E-twining.

5. Elaboraráse unha lista de libros por parte do profesorado do centro, para enviar ao centro francés, co fin de que teñan unha boa selección dos mellores libros en lingua española (ou traducción ao español) cos que traballar en anos vindeiros.

6. Poesía: lectura común de algúns poemas de Miguel Hernández. Visionado da exposición virtual da Biblioteca Nacional sobre a figura de Miguel Hernández.

30.1.11

No grupo de 4º de ESO lemos "TRES METROS SOBRE EL CIELO" de Federico Moccia

Por recomendación dos alumnos do IES TAMUJAL de Arroyo de San Serván (Badajoz), cos que compartimos o proxecto ARCE de lectura "En el país de Alicia", este trimestre leremos a Federico Moccia; Tres metros sobre el cielo é a súa primeira novela:  Unha historia de amor que recentemente foi levada á gran pantalla en España, a película converteuse no filme máis visto do 2010. O argumento é sinxelo pero tamén moi atractivo para oschicos e chicas adolescentes: Babi y Step pertenecen a mundos diferentes ata que se atopan e namóranse.



Aquí vos engadimos a aportación do IES Tamujal:
- ¡Estás loco!
- ¡Lo sé!
- Soy felíz. Jamás me he sentido tan bien, ¿y tu?
- ¿Yo? – Step la abraza con fuerza-. Estoy de maravilla.
- ¿Hasta el punto de llegar a tocar el cielo con un dedo?
- No, así no.
- ¿Ah, no?
- Mucho más. Al menos tres metros sobre el cielo.
[...] Babi aún está medio dormida y distraída cuando lo ve. Apenas puede creerlo. En lo alto, por encima de los demás, sobre la blanca columna del puente, un graffiti domina al resto, imborrable. [...] Está allí, en lo alto, inalcanzable. Allí adonde solo llegan los enamorados: “Tu y yo…Tres metros sobre el cielo“.

La primera lectura elegida por un grupo de los alumn@s ha sido "Tres metros sobre el cielo" de Federico Moccia. ¡Qué bonita historia de amor! ¡Qué romántica! Es la historia de un primer amor, ese que todos quieren seguir recordando aunque pasen los años.
Esta novela se editó por primera vez en 1992 en una edición mínima pagada por el propio autor y que se agotó inmediatamente, fue fotocopiado una y otra vez, y circuló de mano en mano hasta que se reeditó en 2004. Curioso ¿verdad?. Además, para quien se haya enganchado a esta historia está de suerte, pues tenemos una segunda parte: "Tengo ganas de ti".
Ahora es el turno de vuestros comentarios, queremos conocer todas vuestras opiniones, qué os ha parecido esta novela, sus personajes, qué emociones, sentimientos que han despertado en vosotros, si resulta fácil su lectura, algo que ha llamado vuestra atención, ... en fin todo aquello que queráis compartir con los demás."

27.1.11

COMPARTINDO IMPRESIÓNS DE BANDA DESEÑADA...

Para hoxe acordamos traer lidas as catro primeiras historietas da obra de David Rubín "La tetería del oso malayo". Falamos de como nelas David fala de temas tan cruciais na vida como o amor, o desamor, a tristeza, a esperanza, a amizade, a escoita aos demais... Rematamos charlando sobre se é necesario que nos escoiten cando temos dificultades... sobre quen nos pode escoitar... sobre se todas as persoas teñen alguén en quen confiar...
Ademais os novos compañeiros do clube de lectura de banda deseñada, Borja e Jose Carlos, comentaron que lles está gustando a experiencia de ler banda deseñada e logo compartir as impresións. Alegrámonos moito diso e desexamos que siga sendo así! Tamén visitounos o clube unha antigua e apreciada alumna do instituto, Nerea, a cal tamén leu o libro e fíxonos disfrutar da súa compañía.
A nosa cita hoxe foi:"Que falacia o futuro! Cando cheguemos a donde sexa, cando sexa, só veremos o rostro do pasado" (María Jesús Alvarado)