16.1.12

"UN OLLO DE VIDRO" de Castelao

Esta mañá o grupo de lectura e-twinning tivemos a nosa reunión para comezar coas conclusións arredor da lectura de Un ollo de vidro.Memorias dun esquelete de Castelao.
Comezamos falando da importancia da morte e do humorismo co que esta é tratada na obra (feito que desconcertou aos nosos compañeiros franceses), para Iván a morte forma parte do noso, é algo normal na ideosincrasia dos galegos; para Andrea a morte resulta tráxica só no primeiro momento, o humor co que se trata non é irrespetuoso, é algo natural para nós xa que o humor axuda a superar o trauma. 
En canto aos personaxes, para Alicia o máis tenro é o neno, dálle mágoa que o inglés abuse del, a Iván o inglés faille graza porque usa as calaveiras dos demais e non a súa propia; comprenden que o enterrador saque todo o beneficio que pode dos mortos. O máis odioso dos personaxes para eles é o cacique-vampiro que Daniel interpreta, chupa o sangue dos campesiños.  
Eles identifican ao narrador co autor, din que prevalece nel o interés pola crítica sobre o interés da propia historia.
Polo que respecta á estrutura, Alicia di que se perdeu pola organización espacial dos episodios pero aclarámoslle que cada episodio se corresponde co cambio de personaxe.
Todos comprenden que aos compañeiros franceses lles resulte complexo pois carecen das claves interpretativas sobre Galicia, sobre Castelao e a súa ideoloxía polo que decidimos que cada un deles vai compartir estas claves cos alumnos de París coa fin de facilitarlles alectura e a comprensión da noveliña.


7.1.12

LECTURAS DE BANDA DESEÑADA RECOMENDADAS PARA O 2012

Arrugas; Paco Roca. Esta é a primeira recomendación para o ano 2012. Este premio nacional do cómic no 2008, é un pequeno relato sobre un enfermo de Alzheimer que ingresa nunha residencia. Aproveitemos a súa lectura xa, posto que está  apiques de saír no cine!
Black Jack; Osamu Tezuka. Black Jack é un médico cun extraordinario talento que exerce na clandestinidade porque non está de acordo co sistema sanitario xaponés (serie manga). Os alumnos que o leron afirman que gozaron moito desta obra.
El arte. Conversaciones con mi madre; Juanjo Sáez. A modo de xogo entre varios xéneros narrativos -ensaio, autobiografía e novela-, Juanjo Sáez, con humor e sen andrómenas, cun un estilo cómplice e popular, pensa en voz alta a súa visión da arte, e para exemplificala detense no traballo dalgúns dos creadores máis representativos dos últimos tempos: Calder, Picasso, Warhol, Dalí e Chillida entre outros. E noutro plano igual de fascinante, Sáez leva a cabo un labor de índole máis sentimental: percorre as salas de museos xunto á súa nai, rememora escenas familiares cotiás, revisitando a súa propia memoria. É unha obra divertida á par que entrañable...
El heroe, vol.1; David Rubín. É unha adaptación do mito dos doce traballos de Heracles, situando a acción nunha época fantástica indeterminada, que mestura pasado con presente e elementos de ciencia-ficción. É unha obra magnífica que, aínda que está recentemente publicada, xa goza de numerosos premios que valoran xustamente o traballo realizado por David Rubín.
El soñador; Will Eisner. É un relato autobiográfico no que Eisner explica a súa loita e as enerxías que inverteu para poder conseguir que a súa carreira profesional tivera a dirección do seu soño: debuxar cómics. É verdadeiramente recomendable posto que a súa lectura emociona e transmite unha frescura que deixa unha sensación agradable e perdurable.
Epicuro El sabio; William Messner-Loebs & Sam Kieth. Cómic no que se recrea a Atenas clásica pola que pasean Epicuro, Platón, Sócrates, Pericles, Esopo, Hesíodo, Homero...
María y yo; María Gallardo & Miguel Gallardo. Neste cómic “yo” é o pai de “María” unha rapaza autista coa que vai de vacacións... Lese moi rápido, o formato semella infantil pero vale para todas as idades. Serve para traballar cos alumnos distintos aspectos: a “diferenza”, como as estruturas mentais poden condicionar a interpretación de calquera aspecto vital, a afectividade, as normas e códigos sociais (e a súa alteración)...
Maus; Art Spiegelman. Foi gañador do premio Pulitzer. Cóntase a historia dun sobrevivente de Auschwitz que é narrada polo seu fillo Art, o autor do libro. Os xudeus son representados como ratos e os nazis como gatos...
Persépole; Marjane Satrapi. Persépole é a  historia autobiográfica da iraní Marjane Satrapi, a historia dunha loita pola liberdade... de como creceu nun réxime fundamentalista islámico que a  levaría  a abandonar  o seu  país. 
V de vendetta; Alan Moore e David Lloyd. Este clásico de ciencia-ficción e intriga sitúase no ano 1997, no que finalizou a III Guerra Mundial e no que Inglaterra converteuse nun estado fascista. Nestes tempos de desesperación e escuridade, aparece un misterioso individuo que se fai chamar "V" e que ataca aos intereses e axentes do estado, creando o caos. Pero, Quen é "V"? Por que busca vinganza?..


Todos os cómics recomendados están na biblioteca do IES de Poio. Agardamos que os disfrutedes!

24.12.11

Rematamos de ler o cómic de Bill Watterson


Foi interesante ver a evolución que se produciu na lectura deste cómic de Bill Watterson. Así, nas primeiras sesións gustáballe a algúns e a outros non lles acababa de enganchar nin de encher, mais a medida que os compoñentes do club de lectura ían avanzando na lectura do tebeo, este e os personaxes fóronlles resultando cada vez máis simpáticos e agradable. Deste xeito, na última reunión do club de lectura de banda deseñada (da ESO) todos coincidían en que lles gustaba o cómic.
Xa vos anunciamos que no próximo trimestre leremos o mesmo cómic que tanto desfrutou o outro grupo (o de Bacharelato): Arrugas de Paco Roca. Desexamos que teña tanto éxito como o tivo cós outros compañeiros! De momento deixámosvos con este vídeo de animación de Calvin & Hobbes.

23.12.11

Máis sobre "Un dedo manchado de tinta"


"Para min algúns dos relatos foron entretidos, pero outros aburríronme un pouco; fíxoseme longo e unpouco custoso rematar o libro aínda que o argumento queusa en cada relato pareceume interesante. " Carla.

" As historias que máis me gustaron foron IB-547 e a de Malulú, nesta última me pareceu moi triste cando relata todo o que o protagonista tivo que facer e vivir para chegar a España..." Eva.

"Sorprendeume moito que en cadacapítulo se narrase unha historia diferente e que estas sexan tan reais (...) gustoume que o autor decidira contar historiasda sociedade actual pois noutros libros parece que as nosas vidas non merecen atención; o autor consegue que nos deamos de conta que as miserias, comedias ou traxedias non lles  suceden a persoas especiais ou heroes (...). Sara.

" O libro é diferente aos demais, é orixinal o que me gustou" Juan Carlos.

"A opinión xeral deste libro é que nos gusta moito, máis ou menos todas as historias, pareceunos doado de ler. Todos opinamos que representa historias reais e que non ten unha estruturacorrente debido a que contasete historias diferentes quecon pequenos trazos van tendo cousasen común. De todos os personaxes o que máis nos gustou foi o de Malulú" (O grupo)


13.12.11

Primeiras valoracións de "Un dedo manchado de tinta"

 Raquel:
A min pareceume una novela diferente a outras moitas, e a verdade e que me gustou bastante. En primeiro lugar ,o que máis me chamou a atención foi que en cada capitulo se nos contase una historia moi diferente á anterior, e que parecese que non ían ter ningún punto en común. O último capítulo sorprendeume moi gratamente. Por outra banda, as historias parecéronme moi reais, poderían suceder perfectamente na nosa sociedade actual, xa que están inspiradas ou collidas directamente das vidas de persoas reais,e como é de supoñer,unhas resultan máis interesantes e entretidas que outras.
Respecto á linguaxe, é moi doada de entender, e na miña opinión só se fai máis difícil de seguir no capítulo da carta. En difinitiva, é una novela entretida e que nos pode aportar cousas da nosa propia sociedade e ata nos pode facer reflexionar sobre varios aspectos da vida.
Tamara:
A parte do libro que máis me gustou foi o capítulo que conta a historia de Malalulú, todo o que tivo que pasar antes de chegar a España, a familia que deixou atrás... Paréceme moi bonito porque ademais é algo que pasa na vida real así como as condicións de vida que teñen algúns inmigrantes no noso país.
Ademais a relación con María é algo natural, sen pensar no que dirán. Non houbo ningún capítulo que me desgustara en concreto, quizais a parte do principio aburriume un pouco.
Rocio:
A mín persoalmente gustoume o libro porque ten unha estrutura diferente a que te podes atopar noutros libros, porque narra acontecementos totalmente reais que nos pode pasar a calquera e ata podemos sentirnos identificados con algunhas das historias.
A historia que máis me gustou foi a de Malulú porque reflexa un problema que hai nesta sociedade como é o racismo, e porque me pareceu unha historia moi romántica. Recomendaríallo ler os meus compañeiros.
Marta:
Un dedo manchado de tinta pareceume un libro moi intersante. Gustoume especialmente a maneira na que Gonzalo inventa e relata a vida da xente, e tamén como enlaza todas as historias ao final e de forma inesperada .
A historia que máis me gustou foi a de Malulú e María porque é totalmente inusual e a eles parece non importarlle o que diga a xente. E a que menos me gustou foi a de Alberte, pareceume bastante larga e con pouca acción.

 Xeral:
Este libro é como a vida mesma. Hai historias tráxicas, tristes e incluso aburridas, pero tamén hai algunhas historias bonitas e entrañábeis.É diferente porque a estrutura deste libro non é corrente . Fai referencia a historias totalmente cribles e extraídas posiblemente a realidade.Se vos queredes sentir identificados con algunha destas historias, recomendaríamosvos que leades este libro.

9.12.11

10 de decembro: O día dos dereitos humanos. As BIBES co proxecto BUBISHER

63 anos despois da súa proclamación, segue sendo necesario lembrar esta data, 10 de decembro, na que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración dos Dereitos Humanos.

Necesario porque nin tan sequera nos países que asinaron esta declaración están garantidos estes dereitos en igualdade de condicións para toda a poboación. Non hai máis que botar unha ollada ao noso arredor, asomarse ás noticias.

Mais aínda así cabe pensar que un outro mundo é posible, que hai arrecendos espallados no ar que nos permiten prender unha candea pola esperanza, por estas xeracións, hoxe nen@s, adolescentes, que medran nas nosas aulas, ao abeiro das nosas Bibliotecas -das súas lecturas, da súa información, da súa formación- nen@s e adolescentes que se implican ilusionad@s e con empeño en proxectos coma "Coñecernos para querernos", nun intercambio persoal e de coñecementos con nen@s dos campamentos saharahuis, para quenes a apertura dunha biblioteca con (o Bubisher) ou sen (O Niño do Bubi) rodas, supón moito máis que un mundo de oportunidades. Para acceder á ilusión, aos soños, á formación, ao coñecemento doutras culturas, doutro idioma.

E con esa candea acesa, brincan faíscas que prenden en case un cento de Bibliotecas Escolares Galegas, que por todo o país escollen cada unha un fermoso álbum ilustrado para agasallar a ese recén estreado Niño do Bubi, porque, coma nas nosas propias Bibliotecas, toda inauguración é unha festa. A esa festa que é a lectura, nesas bibliotecas acubilladas na area, queremos enviar estes álbumes como aves portadoras de boa sorte, como bubishers* cheos de cor, imaxes, historias. Porque as nosas bibliotecas, @s nos@s lectores e lectoras, compartimos co Bubisher, cos lectores e lectoras das súas bibliotecas a crenza firme nos Dereitos Humanos, dende o seu 1º artigo: "Tod@s nascemos libres e iguais en dignidade e dereitos"

* O bubisher (Oenanthe leucopyga e Oenanthe leucura) é un paxariño tímido que vive na Península e tamén en África, aquí chamámoslle collalba negra e no Sáhara o seu nome significa paxaro da boa sorte, no dialecto hassaní é Bubchir بوبشير (o da boa nova) porque adoita aniñar e criar despois das choivas, o que quer dicer que medrará a herba, algo moi importante para quen ten gando.

Bubisher é tamén o nome dun autobús-biblioteca que circula entre os campamentos do Sáhara para levar lectura e información. Ou sexa, unha biblio... pero con rodas!!!


Se queredes unirvos á iniciativa de Álbumes para o Bubisher, só tedes que poñer os vosos datos xunto ao resto das Bibes Galegas.


Texto de Maribel Serantes (CEIP Os Casais)