28.2.12

PREPARANDO O ENCONTRO EN BARCELONA



Esta mañá comezamos a preparar a posta en común de lecturas para a vindeira xuntanza que nos mes de abril teremos en Barcelona cos compañeiros do proxecto ARCE, "En el país de Alicia".
En concreto estivemos reflexionando sobre as preguntas que levaremos á reunión refaridas á triloxía de "Los juegos del hambre".
Coinciden todos os alumnos en que a historia é unha mistura de literatura fantástica, novela romántica e reallity show que trancorre nun país do futuro que relacionan cun Estados Unidos (polo do Capitolio, os distritos-estado...); neste último aspecto estaría relacionada coas novelas de ciencia -ficción polos avances tecnolóxicos (as naves que van e ben, o control dos tributos por cámaras, etc.).
Relacionan tamén a historia co mito do Minotauro ao que en Creta se outorgaba a morte dos xoves do xeito en que nesta novela se ofrece a loita e morte dos tributos á sociedade. 
A acción desencadéase según eles por unha combinación de feitos e sensacións: Fame, medo, afán de poder ou protagonismo e como non o amor.
Posúen unha organización dos personaxes moi clara, os protagonistas son os principais pero comentamos outros que lles parecen moi ben perfilados na obra como o borracho (secundario), aquí quedamos, na próxima sesión comezaremos falando dos valores humanos nos personaxes secundarios.
Ata a seguinte visita.


25.2.12

Quando a morte se apaixona pelo violoncetista

" No dia seguinte ninguém morreu. O facto, por absolutamenten contràrio às normas da vida, causou nos espíritos uma perturbação enorme, efeito em todos os aspectos justificado, basta que nos lembremos de que não habia notícia nos quarenta volumes da história universal (...)"

(Así comenza As intermitências da morte de José Saramago, unha moi fermosa recomendación para gozar da súa escrita; e sabedes que lle tiña acontecido á morte?????).



(Para Carmen).

22.2.12

Compartindo lecturas: En Murcia len a Castelao

Seguimos compartindo lecturas cos nosos compañeiros do proxecto ARCE; no IES Juán Carlos I de Murcia están lendo Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete de Castelao, estamos encantados de que noutros puntos de España lean, interpreten e  valoren a nosa literatura.
Aquí vos deixo o enlace da entrada que sobre o relato publicaron no seu blog:

http://jc1leo-blog.blogspot.com/2012/02/un-ojo-de-vidrio.html?spref=fb




19.2.12

O CLAN DA LOBA de MAITE CARRANZA


O clan da loba é o primeiro título da triloxía de Maite Carranza (autora catalana Premio Nacional da literatura infantil e xuvenil 2011) "A guerra das bruxas". Cos dous títulos - o da novela e o da triloxía- xa temos información do subxénero narrativo ante o que nos presentamos: a narrativa fantástica; Fálanos de lobos e de bruxas, personaxes míticos da literatura popular;  na primeira páxina do primeiro tomo atopamos outro indicativo deste mundo misterioso, A profecía de O: "E un día chegará a elixida, descendiente de Om" que nos augura varios elementos da obra, un clan (o de Om), unha profecía ("...cabalgará o sol e brandirá a lúa...") e unha nena, Selene.
O primeiro tomo está estruturado en 33 capítulos organizados en profecías (o que vai vir), un libro e varios tratados (o que está escrito) e finaliza coas memorias (o que foi) que nos envolven en distintos tempos pasado e futuro e o valor do que se recolleu nos libros, característicos elementos da literatura fantástica.
O espazo tamén é mítico, a lúa -lembremos que Selene é o nome da lúa-, o Pirineo,  flotamos pois rodeados de misterio, de luz e de lendas e de mitos, a guerra das bruxas está a piques de comezar e a elexida debe superar o proceso de iniciación.
Anaid, as nosas bruxas, son mulleres actuais que levan a herdanza das súas antergas:

" Ela destacará entre todas,
será raíña e sucumbirá á tentación
(...)
Os ditados do corazón da elixida propiciarán a verdade.
A unha triunfará sobre as outras.
Definitivamente."




15.2.12

ÚLTIMA SESIÓN DO RELATO DE WILL EISNER

Hoxe fixemos a última sesión sobre El soñador. Borja comentou que lle chamou moito a atención como o protagonista seguía ao pé da letra os seus principios. Alba subliñou como as ideas morais e as paixóns estaban por enriba de todo. Aída resaltou que o protagonista desta historia nunca se rende... quéreo e perségueo, independentemente dos obstáculos.
Rematamos falando e debatendo os seguintes interrogantes: A a maioría das persoas realizan os seus soños? Existen persoas nas que son máis importantes os seus soños que o que realmente fan? Podermos ser soñadores e prácticos á vez? Os máis afectados pola crise económica soñan máis ca nunca?

13.2.12

Das mans de CUPIDO a través de TRAFEGANDO RONSEIS

Hai amores románticos, hai amores adolescentes, hai amores carnais, hai amores platónicos... e hai amores lectores e bibliotecarios; esta paixón bibliotecaria e lectora é a que sentimos desde "As zocas faladoras" e desde "Os trasnos dos libros" por "Trafegando Ronseis", o blog de Gracia e Anxo. Eles son as nosas guías, as que nos iluminan coas súas recensións literarias, as que nos conducen ao gozo da lectura.
Da man de Cupido a través de Trafegando Ronseis recibimos como un agasallo esta amorosa recomendación literaria.
Grazas Gracia, grazas Anxo.


12.2.12

HISTORIAS DE AMOR: Blog Libros e Literatura.

O blog "Libros y literatura" celebra este més o Día de San Valentín: a máis dun fermoso e orixinal calendario no que se cliqueas no día do mes recoméndache un libro de literatura amorosa, realizaron unha excelente selección de literatura amorosa xuvenil, déixovos aquí o enlace pois paréceme moi interesante que o consultedes todos aquel@s que gozades da literatura romántica:


LOVEISINTHEAIR-TITULO

Na páxina atoparedes as recensións dos libros e tamén poderedes ler as primeiras páxinas das obras.


EsmeraldaOscuros



8.2.12

"EL SOÑADOR" NO CLUB DE LECTURA DE CÓMIC


Xa iniciamos a lectura de El soñador de Will Eisner! Esta é unha obra autobiográfica do influínte guionista e debuxante Will Eisner nado no ano 1917. Nela conta os seus comezos como debuxante que se contextualizan na época na que naceu a moderna industria do cómic-book.
En xeral gustoulles aos compoñentes do club de lectura de cómic. Na última sesión estivemos a comentar anécdotas que lle acontecen a Eisner na persecución do seu sono: poder vivir do que lle gusta de verdade, é dicir, de crear cómics. Charlamos sobre moi diversos temas: a sorte de poder traballar no que a un lle gusta, a loita e esforzo que ás veces isto implica, a importancia de intentar pelexar polo que realmente queres... Foi unha conversa moi amena que no conduciu a reflexionar sobre os diferentes sendeiros que pode abrirse nas nosas vidas... Pasámolo moi ben e resultou unha sesión moi produtiva...

3.2.12

DAVID RUBÍN EN VIÑETAS

Vídeo realizado pola xente do festival de comic de Carmona sobre a obra de David Rubín:

David Rubín en "Autores en Viñetas" from Zexion6 on Vimeo.

22.1.12

DOAZÓN DE FONDOS DESDE AS BIBLIOTECAS CRA DE CHILE

Vimos de recibir o presente que os Reis Magos ( da man de Constanza Mekis) deixaron para nós nada máis cerca que en Chile: unha doazón de fondos de "el componente Bibliotecas Escolares Centros de Recursos para el Aprendizaje CRA del Ministerio de Educación de Chile".
Trátase da colección "Mis lecturas diarias" , libros de lecturas literarias e informativas para estudiantes.
O envío inclúe tamén unha curtametraxe "La Estrella Alcanzar" e o vídeo "Chile en un relato" que recolle historias tradicionais chilenasque nos permitirán achegarnos á cultura deste país.

Desde esta páxina queremos agradecer a Contanza Mekis e ás Bibliotecas CRA chilenas este agasallo do cal gozaremos todos - alumnos e docentes- do IES de Poio. 

DOAZÓN DESDE CHILE - BIBLIOTECAS CRA on PhotoPeach