25.11.15
Pequenas coleccións dos grandes lectores e lectoras do club de 1º de ESO
Hoxe no club de lectura de 1º de ESO gozamos da última sesión relacionada co álbum ilustrado Dióxenes de Pablo Albo e Pablo Auladell. Trouxemos á reunión as nosas coleccións particulares e curioseamos nos obxectos máis prezados dos compañeiros e compañeiras.
Houbo moedas (de Nerea), pulseiras (de Elisabeth), imáns de todas as partes do mundo (de Lola), útiles de debuxo (de Andrea), cousas atopadas en paseos (de Noelia), cromos, gomas de borrar e follas de colores (da profe Cris),... ata unha colección de post-it!!! (de Sandra). Algúns participantes esqueceron traer as súas (tantos exames en cabezas tan pequenas...), pero xa nos adiantaron que veremos minerais (de Manuel), osos de peluche (de Abraham), cromos de fútbol (de Dylan)... e outras que son todo un misterio.
Na próxima sesión entregaremos a próxima lectura, que agardamos vos guste tanto ou máis que a que xa rematamos. Vémonos o mércores que vén!
Etiquetas:
club de 1º de ESO
22.11.15
Participamos nas VI Xornadas de Bibliotecas escolares galegas presentando o noso proxecto de clubs de lectura.
Os pasados días 20, 21 de novembro participamos nas VI Xornadas de Bibliotecas escolares galegas. O sábado presentamos nunha mesa de experiencias específica de clubs de lectura o nos proxecto "Os trasnos dos libros".
18.11.15
Club de lectura 2º ESO e as "Cartas de inverno"
No outro Club de lectura de 2º da ESO comezamos, por fin! con Cartas de inverno, unha das novelas máis lidas do escritor galego Agustín Fernández Paz.
Como dixo unha das lectoras, Cartas de inverno "é unha historia de misterio. Un rapaz atópase en apuros e para explicar o que lle pasara envíalle unhas cartas a súa irmá".
Non pode estar mellor resumido o argumento, pero a pregunta agora é, que lle pasaría a ese rapaz en apuros? Con que misterio se atoparía?
ESPERAMOS RESOLVER ESTE ENIGMA A SEMANA QUE VÉN!
Como dixo unha das lectoras, Cartas de inverno "é unha historia de misterio. Un rapaz atópase en apuros e para explicar o que lle pasara envíalle unhas cartas a súa irmá".
Non pode estar mellor resumido o argumento, pero a pregunta agora é, que lle pasaría a ese rapaz en apuros? Con que misterio se atoparía?
ESPERAMOS RESOLVER ESTE ENIGMA A SEMANA QUE VÉN!
Etiquetas:
Agustín Fernández Paz,
cartas de inverno,
club 2º ESO
Club de lectura 1º de ESO: Dióxenes de Pablo Albo e Pablo Auladell
Nestas últimas dúas semanas, os dous grupos do club de lectura de 1º de ESO rematamos a lectura de Dióxenes, de Pablo Albo e Pablo Auladell, un álbum ilustrado publicado por Kalandraka.
Gustounos moito a todos e todas pola súa orixinalidade narrativa (cada relato, aparentemente independente, fai un guiño moi sutil aos outros textos do libro), pola construción dos personaxes (especialmente, o protagonista e os seus irmáns) e polas ilustracións (xa sabemos de onde saen os caramelos de Eucalipto!).
Quedamos con ganas de saber se o tío será quen de declarar o seu amor algún día...
Na próxima sesión falaremos das nosas coleccións particulares, as que tiñamos de pequenos ou as que seguimos atesorando... Haberá coleccións tan sorprendentes coma as de Dióxenes e a súa familia?
Etiquetas:
club de 1º de ESO,
Dooxenes,
Pablo Albo
17.11.15
Penúltimas tendencias
Seguimos, os rapaces de rapazas de 2º da ESO, lendo o poemario Penúltimas tendencias. Hoxe non avanzamos moito, algúns poemas eran un pouco difíciles de entender e só nos centramos nuns catro ou cinco poemas, pero algúns foron lidos a dúas voces e quedounos moi ben o recitado.
A semana que vén, máis! A ver se acabamos daquela!
A semana que vén, máis! A ver se acabamos daquela!
Etiquetas:
Carlos Negro,
club 2º ESO,
Penultimas tendencias
15.11.15
10.11.15
Hoxe comezamos a ler no grupo B do Club de 2º da ESO o poemario de Carlos Negro, Penúltimas tendencias. Aínda non chegamos á metade da lectura, pero entre os rapaces e rapazas xa saíron bastantes ideas interesantes que resumen este libro de poemas: "A moda acaba coas túas palabras", "As princesas de Disney son un cárcere", "O mundo tínguese de rosa", "Bolsas debaixo do brazo"...
Esperemos que moitas ideas máis xurdan nunha próxima lectura!
Etiquetas:
2º ESO,
Carlos Negro,
Penúltimas tendencias,
poesía
4.11.15
" A súa vida é coma un libro sen terminar", 1ª sesión de "Ás veces quero morrer coa risa"
Etiquetas:
as veces quero morrer coa risa,
Club 4º ESO
" Gústame o contraste que fai a vida na vila mariñeira e na cidade..."1ª sesión de "A praia dos afogados"
Un revoltallo de opinións e sensacións, un afogado e Leo Caldas, de fondo Panxón e Vigo, escoitade:
Etiquetas:
a praia dos afogados.,
Club 4º ESO
"Gustoume o do rapaz cando le o libro que salte no tempo...vai a diferentes épocas da historia" 1ª sesión de "Libro das alquimias"
Variadas e variopintas as opinións dos rapaces e rapazas de 3º de ESO nas súas primeiras lecturas de "Libro das alquimias", escoitádeos:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)








