27.3.09

A MEDICIÓN DO RADIO DA TERRA

Aquí temos o testemuño gáfico da actividade, en breve publicaremos as conclusións:


24.3.09

Ano internacional da Astronomía: Os alumnos do IES de POIO participarán na medida do radio da terra


A medida do Radio da Terra

Un dos proxectos propostos con motivo do Ano internacional da Astronomía 2009 consiste en repetir a experiencia de Eratóstenes e determinar conxuntamente o radio da Terra contando coa participación de centros escolares repartidos por todo o territorio español e do mundo (o noso centro compatirá a tarefa cun instituto de Irlanda). É unha experiencia moi sinxela de realizar é tremendamente educativa para os alumnos.
A experiencia conxunta debe realizarse un mesmo día por parte de todos os centros que desexen participar: A data elexida é o xoves, 26 de marzo de 2009.
A Biblioteca do IES tamén estará alí, acompañaremos a experiencia cunha exposición de libros sobe astronomía e sobre as mulleres astrónomas; faremos fotos para que podades velas neste blog.
Polo de agora deixámosvos cos seguintes enlaces:
Vídeo de Carl Sagan:
Serie COSMOS:

15.3.09

Calvin & Hobbes no club de lectura de banda deseñada!






O venres pasado tivemos a primeira reunión dedicada aos “míticos” Calvin & Hobbes de Bill Watterson. Estamos a ler en concreto un libro chamado En todas partes hay tesoros. Estivemos a falar de anécdotas da vida de Bill Watterson e das personaxes da súa obra. Ademais compartimos as primeiras impresións do libro: as cousas que algunhas rapazas lles fixo rir, os detalles que lles facían reflexionar e os sentimentos que lles producía o achegamento a lectura de Calvin & Hobbes.
Aproveitamos para ler citas textuais do autor como: “Moita xente cre que Calvin está inspirado nun fillo meu, ou que se basea en recordos detallados da miña propia infancia En realidade non teño fillos, e fun un neno bastante tranquilo e obediente, case o contrario que Calvin... Sospeito que moitos de nós envellecemos sen crecer, e que dentro de cada adulto (ás veces moi dentro) hai un crío que quere que todo se faga á súa maneira. Utilizo a Calvin como saída á miña inmadurez, como unha forma de manter a miña curiosidade pola natureza, como unha forma de ridiculizar as miñas propias obsesións, e como unha forma de comentar a natureza humana”.
Foi unha reunión moi agradable. Outro momento máis co que rimos foi con esta frase de Bill Watterson: “Ás veces penso que a proba máis fehaciente de que existe vida intelixente no universo é que ninguén tentou contactar connosco”.

7.3.09

VISITOUNOS DOMINGO VILLAR: A min o que me gustaba de verdade era contar historias. Eu sabía que o que quería facer era escribir.

O mércores 4, tivemos o pracer de contar no noso centro coa presencia do escritor vigués DOMINGO VILLAR, o autor de OLLOS DE AUGA; deunos unha moi agradable charla sobre como chegou a ser escritor e contestou ás nosas preguntas sobre o seu primeiro libro.
O primeiro que nos dixo foi:
"Non me gusta aterrizar na vosa vida a través da lectura obrigatoria." e a partir deste inicio contounos como transcorreu a súa vida ata a chegar ao éxito de OLLOS de AUGA (obra traducida ao inglés, francés, italiano, búlgaro, ruso... "O libro é tan de aquí que van flipar noutros lugares."
Despois de charla compartiu o seu tempo coas chicas do Clube de Lectura que puideron facerlle algunhas preguntas :
Por que comeza os capítulos con definicións? É un xogo, coloco unha palabra, que está logo no texto, que ten unha acepción que cáseque adxectiva o capítulo.
O título de OLLOS de AUGA, de donde vén? Apereceume nun momento no que estaba escribindo e pareceume moi suxerente.

O seu próximo libro sairá en outubro e titúlase “A praia dos afogados”, trata sobre un afogado que aparece na praia Panxón e Leo Caldas sospeita que non afogou senón que foi asesinado.

Se algo ten de bo ser escritor é que pensas na vida.


6.3.09

CARUMA publica o seu primeiro CD


Os nosos compañeiros integrantes do grupo de música tradicional CARUMA veñen de publicar o seu primeiro CD; en exclusiva, exclusivísima permítenos aloxar neste blog a tema principal do seu CD : A certa historia da autoría de Jaime Simón.
Desde aquí animámosvos a escoitala (e a disfrutala) e como non desexámoslles a Carme, a Silvia, a Tere, a Jaime e aos seus compañeiros a mellor das sortes neste mundo da música.


Vémonos no próximo concerto!!!!!!!!



Podedes escoitala no seguinte enderezo:


Ou escoitala directamente neste blog, na columna lateral dereita tedes o reprodutor... lalalala...

26.2.09



Hoxe rematamos co libro de Persépolis
Hoxe fixemos a derradeira sesión dedicada a Persépolis. Realizamos unha reflexión final do libro, pero non sen antes abrir a sesión cunha cita. Esta vez a frase escollida foi a seguinte: A morte está tan segura da súa vitoria que nos deixa toda unha vida de vantaxe.
Todas coincidían en que este libro serviulles para coñecer mellor a cultura musulmán, así como parte da historia de Irán. E iso non é pouco.
Despois do libro, tocaba ver a adaptación do mesmo ao cine. Así agora tocaba ver o filme. Por suposto no recreo non nos daba tempo a ver o filme completo. Por iso levárono prestado para casa. A ver que lles parece esta película nominada aos oscar no 2007!

19.2.09

1ª sesión de Ollos de Auga.


Hoxe xúntamonos para compatir as nosas primeiras impresións arredor de Ollos de Auga; comezamos a sesión lendo un pequeno artigo de Uxía Casal publicado na revista dixital Protexta da cal destacamos a presentación dos personaxes, o marco espacial e a introdución á trama.
Na reunión o máis destacado foi a presentación dos personaxes, Leo Caldas e o axente Estévez, que por certo lles pareceu moi cómico, e as circunstacias do crime - espeluznadas polo maneira da morte- e pola investigación do mesmo.
Todas coinciden en que, polo de agora parece un crime dunha persoa que odia aos homosexuais, mais non adiantemos acontecementos... Espazo, a cidade de Vigo, marco o jazz, quedamos en adentrarnos fisicamente na cidade e coñecer a fondo o jazz creando un disco-forum coas cancións do libro.
Na próxima sesión lemos ata a páxina 155.

15.2.09


Última reunión do club de lectura de banda deseñada
Coma sempre empezamos a reunión cunha cita. Esta vez elixiron unha de Kurt Cobain: É mellor queimarse que disolverse lentamente.
Nesta reunión seguimos charlando sobre o libro de Persépolis. Mais tamén estivemos a ver distintas fotografías da cidade de Persépolis, para así achegarnos durante un intre a súa historia. Esta cidade de Irán en ruínas, considerada patrimonio da humanidade, foi mandada construír por Dario I no ano 331 a.c. Non obstante, a cidade quedou arrasada polo exercito de Alexandre Magno, quen a destruíu, asolou e incendiou. Hoxe en día constitúe un importante atractivo turístico.
En fin, xa queda pouco para comezar co seguinte libro! Mais aínda temos pendente unha sesión final co de Persépolis na que nos achegaremos, entre outras cousas, ao filme francés que se basea nesta obra de banda deseñada.

6.2.09

OLLOS DE AUGA


Por fin, despois das gripes, exames e retraso na entrega dos libros comezamos o novo libro: "OLLOS de AUGA" de Domingo Villar; cambiamos de tema e de estilo: co inspector Leo Caldas (o noso protagonista) intentaremos resolver o misterio do asasinato do saxofonista Lois Reigosa; unha novela negra na que a música de jazz e a cidade de Vigo son elementos que nos envolverán neste relato. Nesta 1º semana leremos ata a páxina 82.
Déixovos agora algúns datos sobre o autor, que por certo hoxe me anunciaron que estará con nós a finais de marzo.
Domingo Villar (Vigo, 1971) vive en Madrid, onde traballou como guionista de cinema e de televisión. É crítico gastronómico nunha emisora de radio e colaborador habitual en diversos medios de comunicación escritos. Ollos de auga, que transcorre na cidade de Vigo, onde o autor pasou a súa infancia e mocidade, é a súa primeira novela. El mesmo se encargou da versión en castelán, publicada por Ediciones Siruela. A novela xa foi traducida a varias linguas europeas: ao alemán (Unionsverlag), ao italiano (Ponte Alle Grazie), ao búlgaro (Ciela), e ao inglés pola editorial Arcadia de Londres.
Que tal se imos coa primeira das cancións,The man in love (páxina 9)

30.1.09

Día da PAZ e da non violencia.

Está mañá realizamos un acto simbólico pedindo a PAZ no mundo e en concreto a paz no conflito árabe-israelí; os alumnos de 4º da ESO elaboraron as bandeiras de Palestina e de Israel na entrada do centro con globos (os estoupidos dos que estouaron, que foron moitos, lembráronos as bombas caídas sobre Gaza) e a continuación no tempo de lecer emitimos desde RADIO PATIO un programa especial pola PAZ:
Xefi de 1º Bach. Humanidades leunos o comunicado en contra das guerras no mundo, " Para que se escoite o clamor de millóns no mundo que queren a Paz e o fin das guerras"; Alicia e Irene de 4º A, leron unha selección dos Dereitos Humanos: " Todo individuo ten dereito á vida, á liberdade e a seguridade da súa persoa"; Alba e Vanessa de 4º B leron un poema en francés de Môa, La violence á par que Sergio o facía en galego:
Sournoise et tapie dans lómbre / source de blessures et meurtrissures/ telle est cette bête immonde/ qui toujours hélas perdure...
Rebeca de 4º C leunos un poema de Xesús Constela sobre Gaza: A bóla, fría coma unha morta, estaba a chorar por Gaza. Sara Hermida de 4º B leunos a Ingeborg Bachmann, poeta árabe en galego, Miguel de 4º A leu La Paz de Pedro Barcena.
Remataron o acto os nosos pequenos de 1º da ESO C que non por pequenos deixan de ser as nosas estrelas da radio: Melisa que leu Para cando doutro poeta árabe, Muhammad Aziz ao-Hababi, Manuel que bordou Armas del futuro e puxo o colofón final Sonia léndonos o Poema nuclear de Celso Emilio Ferreiro.
A lectura destes textos estivo acompañada da 5ª Sinfonía de Bethoveen, e das Walquirias de Wagner .
Colaboraron coa Biblioteca e con Carlos de Radio Patio, a profesora de Educación para a cidadanía Montse Bragado, a Vicedirectora María, a profesora de lingua española Geles, a profesora de plástica Susana e o profesor de inglés Xesús e por suposto os protagonistas de 4º e 1º da ESO, Paz para todos eles.