6.12.10

QUE ME SUXIRE ESTE CÓMIC?

Na última sesión do clube de lectura de banda deseñada comentamos as impresións dos compañeiros sobre o libro e as súas personaxes (que non son ficticias). Así, definen o libro como “bonito”, “diferente ao que normalmente les en banda deseñada”, tamén como “sincero e tenro”... din “que pode ensinar moito”... Pola súa banda, María, a protagonista é diferente, especial e pode lembrar os nomes de todas as persoas que coñece.
A reflexión desta reunión centrouse en como debemos tratar as persoas diferentes e dependentes. Falamos da importancia de integrar na sociedade a alguén que poida ter algunha deficiencia. Os compañeiros do clube de lectura propuxeron axudas para coidar a aqueles que o precisen por non poder ser autónomos. Foi un debate moi interesante para todos.
Ademais Natalia presentounos unha cita escollida por ela de Tucídides: “A historia é un incesante volver a comezar”.

3.12.10

XOANA emprega os seus poderes para facer o ben.

"XOANA emprega os seus poderes para facer o ben, aínda que o da cascudaaaaa... , pero axuda aos seus pais, a súa amiga, a súa avoa":  Esta é a reflexión que as nosas xoves lectoras de 3º de ESO A extraen da lectura dos capítulos correspondentes a esta sesión; de elas puideren empregarían os poderes para sacarlles un beneficio, pasarían o día escribindo.
Neste encontro falamos tamén da "cita no cine" e todas coinciden de que se lles acontecera a elas chamarían inmediatamente para resolver o equívoco. Outro tema que lles preocupaba é o das espiñas, están de acordo en que cunha espiña como a de Xoana non sairían a rúa.
En xeral as nosas lectoras están desconcertadas, din que a novela é moi fantástica pero atopan moitas feitos nela cos que se identifican; estalles gustando e conclúen en que elas tamén quixeran ter poderes.

25.11.10

Gústame // Non me gusta: Segunda sesión de RECKLESS

Esta mañá tivemos o noso encontro arredor de RECKLESS; Comezamos a sesión repartindo entre as participantes LAZIÑOS VIOLETAS EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO, hoxe a sesión foi máis breve pois queriamos ver o vídeo que se proxectaba na entrada do noso centro en contra da violencia doméstica.

Logo Tania, de 4º A, leunos o poema de Becquer que seleccionaran para iniciar esta sesión:
Volverán las oscuras golondrinas
en tu balcón los nidos a colgar,
y, otra vez, con el ala a sus cristales
jugando llamarán...

E despois.... A GUERRA.... gústame // non me gusta: Xa temos o grupo dividido: A  sección que non gusta do libro comandado por Nerea di que é excesivamente fantasioso, non disfrutan cos personaxes, non lles din nada. A sección á que si lle gusta comandados por Aida (que case acaba o libro do que lle engancha) e Andrea disfrutan do mundo da fantasía, dos personaxes e das aventuras.
Para rematar falamos da influencia dos contos clásicos (Hansel y Gretel, A Bela Durminte) na obra e das conexións entre Jacob e Indiana Jones.
Conseguirá a lectura deste libro conquistalas a todas??????


21.11.10

MÁIS SOBRE O CLUBE DE LECTURA DE BANDA DESEÑADA

bNa última sesión do clube de lectura fixemos unha presentación dos proxectos para este ano: eTwinning con Francia sobre compartir lecturas e o proxecto Arce.
De momento poñémosvos os dentes longos co Trailer do filme que se inspira no cómic que estamos a ler... E pronto continuamos con máis cousas boas e interesantes!



16.11.10

PRIMEIRA SESIÓN DE PODEROSA

Está mañá reunímonos as chicas de 3º de ESO A e máis eu para falar de PODEROSA, foi unha sesión alegre e desenvolta, na que non puiden deixar de contaxiarme da vitalidade lectora destas chicas.
Están encantadas coa noveliña, ven a Xoana como unha máis delas, moi de preto cos seus problemas adolescentes. O que máis lles divertiu foi que o pai de Xoana fixera buratos no xornal para seguir a telenovela e manter o seu perfil de macho ao que non lle gustan estas series; o que menos ou "os que menos" foron o incordio do irmán de Xoana e a súa odiada (tamén por elas) amiga.
Coinciden en que a todas lles encantaría escribir os seus desexos nun diario e que se fixesen realidade... quen puideraaaa!!!!. Seguiremos adiante coa lecturaaaaa!!!!!


11.11.10

PRIMEIRA SESIÓN DE RECKLESS

Esta mañá tivemos a primeira xuntanza para falar de Reckless; para comenzar Andrea agasallounos cun fermoso poema de Rosalía de Castro "Unha vez tiven un cravo..." que escolleu porque lle suxire que fala da perda do amor, cando o amor se vai, fica un espazo que non se ocupa, unha tristeza que non se vai.
Sobre o libro de lectura, en xeral, estaban un pouco desconcertadas cos personaxes e co mundo de ficción. Coincidimos que a autora nos primeiros capítulos busca desorientarnos  - Alicia non comprendía que se os goils son de pedra como poden andar e moverse, como un humano chega a converterse en goyl?????- coa finalidade de captar o noso interés.
Chamoulles a atención o personaxe da raposa ata que a relacionamos cos lobishomes e as mudanzas de pel, falamos de Clara e o amor...; tamén relacionamos a historia do pai desaparecido coa figura do pai de Skaiwalker na Guerra das Galaxias.
Finalmente coinciden en que lles está a "enganchar", que seguiremos lendo.

7.11.10

PRESENTÁMOSVOS O PRIMEIRO CÓMIC QUE IMOS LER:

 
A obra María y yo foi Premio Nacional do Cómic de Cataluña 2008. Foi tamén nominada nas categorías de "mellor obra" e "mellor guión" no Salón Internacional do Cómic de Barcelona de 2008. 

Miguel Gallardo nos relata unha viaxe coa súa filla María. Esta "ten 12 anos, un soriso contaxioso, un sentido do humor especial e ten autismo". Así, Miguel e María fannos viaxar con eles a través dunha obra tenra e entrañable, cargada de leccións de vida...
Esperamos que o disfrutedes moito!
Xa nos contaredes, será interesante intercambiar puntos de vista. 

INAUGURAMOS O CLUBE DE LECTURA DE BANDA DESEÑADA O PASADO XOVES

O pasado xoves démoslle a BENVIDA aos alumnos do clube de lectura de banda deseñada do curso 2010-2011. Algúns non puideron asistir porque tiñan exame. Aínda que non saian na foto tamén lles dedicamos esta entrada do blogger.