Trátase dun libro que inclúe diálogos entre pais e adolescentes e que busca axudar aos pais a comprender aos seus fillos e fillas nesta idade.
19.4.15
CLUB DE LECTURA DE NAIS E PAIS
Trátase dun libro que inclúe diálogos entre pais e adolescentes e que busca axudar aos pais a comprender aos seus fillos e fillas nesta idade.
16.4.15
Sesión final de “Os fillos do mar”.
Aquí tedes a valoración da lectura e as fotos dos marcapáxinas de agasallo que recibiron por ser un lectores de campionato:
4.3.15
Club de lectura de Francés de 4º da ESO
Club de lectura de ESCOLA DE FAMILIAS do IES de Poio
26.2.15
O club de lectura de Banda Deseñada presenta as súas actividades a alumnos italianos
Alumnos dos clubs de lectura compartiron o día de Rosalía con alumnos de Polonia, Chequia, Grecia e Italia
Nasín cando as prantas nasen,
no mes das froles nasín,
nunha alborada mainiña,
nunha alborada de abril.
Por eso me chaman Rosa,
mais a do triste sorrir,
con espiñas para todos,
sin ningunha para ti.
Desque te quixen, ingrato,
todo acabóu para min,
que eras ti para min todo,
miña groria e meu vivir.
¿De qué, pois, te queixas, Mauro?
¿De qué, pois, te queixas, di,
cando sabes que morrera
por te contemplar felís?
Duro cravo me encravaches
con ese teu maldesir,
con ese teu pedir tolo
que non sei qué quer de min,
pois dinche canto dar puden
avariciosa de ti.
O meu corasón che mando
cunha chave para o abrir.
Nin eu teño máis que darche,
nin ti máis que me pedir.
Cantares Gallegos, Rosalía de Castro
25.2.15
Reparto de personaxes en "A RATEIRA" de Ágatha Christie
Cal deles será o asasino??????
6.2.15
Nova lectura no club de 3º de ESO: OS FILLOS DO MAR de PEDRO FEIJOO.
Xa vos iremos contando....
“O pintor do sombreiro de malvas” Encontro con Marcos Calveiro.
Esta mañá recibimos ao escritor MARCOS CALVEIRO na nosa biblioteca; xa nos acompañara no 2011 coa lectura de “O pintor do sombreiro de malvas” e encontrámonos de novo para falar desta mesma lectura (Club de 3º de ESO) e comentar as sensacións que lles produciu a obra aos nosos lectores e lectoras.
Marcos fíxonos unha pormenorizada presentación das súa obra: Os paralelismos entre o que hai de realidade entre a novela e a vida de Van Gogh, entre o Auvers real e o literario, de como cada capítulo correspóndese cun cadro, os personaxes creados a partir de personaxes das pinturas, etc.
Á pregunta de por qué escolleu a Van Gogh respostou:
O punto que suscitou o debate máis intenso entre o escritor e os seus lectores foi o do final aberto, que tando disgusto causara nos lectores do noso club; así llo explicou o escritor:
“Todas as miñas obras teñen un final aberto por que a vida é un final aberto, podes ter a túa vida organizada e de súbito todo muda, por iso me gustan os finais abertos. O libro que máis me costou de escribir foi “Festina Lente”, tardei cinco anos en rematalo. Non escribín ningún libro cun final pechado, todos acaban cunha fuxida.”
Grazas Marcos por acompañarnos, esperamos que volvas de novo con novas historias para ler.




