3.7.16
MEMORIA GRÁFICA CLUBS LECTURA 2015-16
7.6.16
O CLUB DE 2º DESPÍDESE POR ESTE ANO
Martes.
11.30 da mañá.
Biblioteca do IES de Poio.
Arredor dunha mesa e cunhas lambetadas compartidas, con non moita orde na quenda da palabra, os participantes do club falaron:
Yasmina fai un resumo rápido:
YASMINA: É a historia dunha familia que non podía pagar a casa e mudáronse a unha casa nova. Nela había moitas árbores, repartíronas entre os irmáns e Zezé elixiu unha delas e púxose a falar con ela, pero a árbore non lle respondía.
Cristina vai ao gran:
CRISTINA: Gustoume pero pareceume triste, deume moita pena.
A opinión de Gonzalo parece que ten máis que ver cos dereitos da infancia:
GONZALO: Non me parece normal que os irmáns lle pegasen ao neno da historia.
Un pouco de sentimento por parte de Laura:
LAURA: Se non morrera o amigo, gustábame moito máis.
Daniel atopou unha das claves do libro:
DANIEL: Pareceume moi raro que o neno se comportara como un neno pero que fose capaz de pensar como un adulto.
E con este comentario de Daniel, todos concordamos en que Zezé, o protagonista d´A miña planta de laranxa lima, era un rapaz moi intelixente.
Tamén CAROLINA, UXÍA, ALEJANDRO, MIGUEL... tiñan moito que dicir pero... que ricas estaban as lambetadas!!
Martes.
11.50 da mañá.
Biblioteca do IES de Poio.
Despedida.
Foi un pracer compartir con vós, nenos e nenas de 2º da ESO, estes case nove meses de lectura.
Ata o ano que vén!
1.6.16
Falando de poesía
Estamos rematando o curso e tamén o Club de Lectura por este ano. Hoxe lembramos unha das lecturas que fixemos no primeiro trimestre: o poemario Penúltimas tendencias.
Etiquetas:
club 2º ESO,
Penultimas tendencias,
vídeo
26.5.16
AVALIACIÓN DOS CLUBS DE LECTURA 2015/16
25.5.16
ENCONTRO ENTRE CLUBS DE LECTURA CON VISITA AO MUSEO DE PONTEVEDRA E ROTEIRO POLA CIDADE
Hoxe fixemos un
encontro entre o Club de Lectura de 1º da ESO e o Club de Lectura de
Banda Deseñada. Pasámolo en grande! Foi un día moi completo...
Primeiro fomos a unha visita guiada da Exposición de Castelao no
Museo de Pontevedra. Despois fixemos un Bingo moi orixinal que era un
xogo de presentación para que os lectores dos Clubs se coñeceran
entre si. A continuación fixemos un roteiro buscando os “Segredos
ocultos” da Cidade de Pontevedra onde os alumnos aprenderon moitas
curiosidades da cidade por si mesmos e a través de explicacións de
apoio (con visita ao campanario da Basílica de Santa María incluída!) Finalmente, cando rematamos de xantar subimos ao palco da
música da Alameda e intercambiamos vivencias, gustos, experiencias,
etc entre os distintos compoñentes dos Clubs.
Etiquetas:
BANDA DESEÑADA,
club de 1º de ESO,
clubs de lectura
19.5.16
Palabras, palabras e máis palabras...
Marchamalo, J. e Gutiérrez, MO, Palabras. Editorial Kalandraka |
Despois de darlle moitas voltas a palabras agradables, cursis, repelentes (en todos os idiomas!) decidimos facer o proceso do revés: así, a partir das sensacións provocadas por obxectos escondidos en caixas negras que trouxeron os participantes do club, escribimos as palabras suxeridas.
Porque moitas veces non nos decatamos de tantas que utilizamos ao longo do día, pero as palabras teñen moitos poderes: o poder de namorar, de ferir, de crear amizades, de facer rir...
Xa vedes nas imaxes o ben que o pasamos todos e todas (menos mal que Eli non meteu o caracol que tiña pensado...)
E o vindeiro mércores, excursión de convivencia co club de lectura de banda deseñada para visitar a exposición de Castelao, facer un roteiro polos segredos ocultos da cidade e compartir experiencias lectoras cos alumnos e alumnas de 4º ESO e 1º Bacharelato. O día promete!!!
Etiquetas:
club de 1º de ESO
18.5.16
ALGÚNS LECTORES PENSAN QUE "MAUS" DEBERÍA SER LECTURA OBRIGATORIA
Compartimos con vós
algúns dos comentarios que o alumnado do club de Banda Deseñada
fixo esta mañá sobre Maus de Art Spiegelman:
- LAURA: “Penso
que debería ser un libro de lectura obrigatoria. Aprendes moito.
Engancha. Gustoume moito. Ademais cando estaba a ler o libro pensaba
na sorte que teño de non ter nacido naquela época e naquel lugar.”
- AITANA: “Lin o
libro nunha tarde. Encantoume. É unha gran maneira de Tamén penso
que debería ser de lectura obrigatoria. Esperaba un final feliz
porque el sobreviviu...”
- XIANA: “Gustoume
moito. Deberían de facer libros así de todas as guerras...
aprenderíamos moito de historia e maneira amena”
- NATALIA: “Ao
principio, cando vin o gordo que era o libro e a letra que tiña
deume pereza lelo, porén sorprendeume gratamente a lectura e non
podía para de ler. Gustoume moito.”
- DIEGO: “O libro
é unha pasada. Aprendes moitas cousas. Todo o mundo debería ler
este libro. Vladek caeme ben.”
2.5.16
A miña planta de laranxa lima
Boa tarde lectores e lectoras!
Comezou maio e comezamos unha nova lectura no club de 2º da ESO. Agora imos meterlle os ollos ao libro A miña planta de laranxa lima, do autor brasileiro José Mauro de Vasconcelos. É un libro que ten xa varios anos (aínda non nacera ningún de nós cando foi escrito!), pero a bondade, a beleza e o corazón que o autor pon en cada páxina fai desta obra unha lectura para todos os tempos e todas as épocas.
O protagonista do libro é un neno chamado Zezé que, como todos os nenos, sempre anda a meterse en leas e é castigado polos seus pais. Pero velaí que un día atopa un amigo que lle ensina o que é a bondade...
Etiquetas:
a miña planta de laranxa lima,
club 2º ESO
29.4.16
OS TRASNOS DOS LIBROS NA ARRIBADA VIKINGA A CATOIRA.
O pasado xoves os clubs de lectura de 2º, 3º e 4º da ESO vivimos unha emocionante xesta que os conquistadores vikingos envexarían: arribamos en Catoira en drakkar para compartir o encontro co autor Xesús Constela co alumnado do club de lectura do CPI Progreso.
A mellor das aventuras, desde a chegada ao apeadeiro de Catoira onde fomos recibidos cunha pancarta de benvida polos nosos anfitrións, a singradura polo río en drakkar, o encontro co autor de LIBRO DAS ALQUIMIAS (que previamente tiñamos lido os participantes) e a sesión de recomendacións lectoras entre os asistentes... AH!!! e a rosca que nos ofreceron para merendar.
Como poder resumir en poucas palabras tan encantadora xornada, pois case imposible, mellor coas imaxes e a música que refliten nos nosos sonrisos a epopeia vikinga (con cornos incluídos...) que vivimos en moi boa compañía.
Grazas a Anxos Paz coordinadora dos clubs de Catoira, a Xesús Constela por exercer de escritor e compañeiro e a Milagres Romero por apoiarnos.
E postos, xa compartimos a lectura de A ratoneira na 2014/15, O libro das alquimias no 15/16, haberá que ir votando a lectura do 2016/17 non si????.
28.4.16
Os lectores tamén saben cantar cando van de arribada vikinga.
E non iamos esquecer as canción de confraternización cando navegar:
Etiquetas:
cancions,
encontro clubs de lectura 2016
Suscribirse a:
Entradas (Atom)