Hoxe fixemos un
encontro entre o Club de Lectura de 1º da ESO e o Club de Lectura de
Banda Deseñada. Pasámolo en grande! Foi un día moi completo...
Primeiro fomos a unha visita guiada da Exposición de Castelao no
Museo de Pontevedra. Despois fixemos un Bingo moi orixinal que era un
xogo de presentación para que os lectores dos Clubs se coñeceran
entre si. A continuación fixemos un roteiro buscando os “Segredos
ocultos” da Cidade de Pontevedra onde os alumnos aprenderon moitas
curiosidades da cidade por si mesmos e a través de explicacións de
apoio (con visita ao campanario da Basílica de Santa María incluída!) Finalmente, cando rematamos de xantar subimos ao palco da
música da Alameda e intercambiamos vivencias, gustos, experiencias,
etc entre os distintos compoñentes dos Clubs.
Foi un día inesquecible, que mereciamos todas e todos despois de nove meses de traballo no club.
ResponderEliminarO mellor...a sensación de que os rapaces e rapazas teñan ganas de seguir participando, lendo e comentando libros nos próximos cursos e de que o traballo feito polas profes pagou a pena!!!
Foi fantástica a experiencia!!!
Grazas a tod@s