19.6.13

Os escritores LEDICIA COSTAS e XESÚS CONSTELA acompáñannos na despedida dos Clubs de lectura 2012/13.


2003-12-31 23.00.00-354

Coma xa adiantamos, o pasado luns celebramos a clausura das actividades dos clubs de lectura do curso 2012/13 en moi boa compañía. A pesar da ausencia dos alumnos de 2º de bacharelato que xa remataran e dos de 1º de bacharelato que tiñan un exame,  xuntamos un nutrido grupo de alumnos e alumnas lectores.
Compartimos o xantar e xa na sobremesas, coas “galletitas lectoras” e a rosca chegaron as palabras dos nosos invitados para todos nós; aplausos, sorrisos, bromas, frases ditas do revés e as fermosas palabras dos que escriben para quen os len.
Moi bo ánimo para despedir un curso lector que se acaba e as boas intencións de seguir lendo; para o ano máis clubs e máis libros.
Grazas aos escritores, grazas aos nosos alumnos e alumnas participantes e tamén ás nosas marabillosas coordinadoras: Mercedes, Carme e Montsiña ( sen elas nos serían posibles os clubs).
En primicia: o vindeiro curso abrirá a sesión inicial Elena Gallego Abad e o seu DRAGAL.

E máis imaxes e son para aprender a falar do revés:

                         Ledicia Costas cos Clubs de lectura do IES de Poio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario