A proposta de Mercedes Queixas de que o noso club de 4º de ESO grupo 1 colaborara cos seus chicos e chicas do club "Coristranca, a lectura con retranca", xa que tod@s están lendo a mesma obra:
A praia dos afogados de Domingo Villar, concretouse nin máis nin menos que na participación dos nosos rapaces e rapazas no seu programa de radio (número 177 de "A fume de carozo").
Foi toda unha experiencia lectora e radiofónica que podedes escoitar no seguinte enlace:
https://cuacfm.org/radioco/recordings/2015-11-24%2017-00-00%20a-fume-de-carozo.mp3.
Menuda ilusión que lles fixo escoitarse na radio!!!! Tod@s desfrutamos coa colaboración, haberá que repetila.
Grazas Mercedes.
Moitas grazas a vós por aceptardes a nosa proposta ilusionada. Foi un pracer e unha nova aprendizaxe que nos brindan os nosos clubs de lectura. Repetiremos, claro que si! Encantadas de viaxar nos libros convosco!
ResponderEliminar