3.2.16
Medo no club de lectura de 1º de ESO
Hoxe no club de lectura de 1º de ESO tivemos un incidente estremecedor. Cando entramos ao noso centro de reunións, a escuras, atopamos a nova lectura sobre un arrandeadoiro antigo. O máis extrano é que, xunto aos libros, había unha bufarda de lá, en proceso e aínda colocada nas agullas, con doce franxas de cores diferentes... Como non somos medorentas nen medorentos, descubrimos que a nova obra é a historia dunha tecedeira. Que significará o número doce? Por que se titulará "A tecedeira da morte"?
Recomendamos a todas as lectoras e lectores do club que manteñan as luces acesas e lean na compaña dun adulto... polo que poida pasar...
Nova lectura: La tejedora de la muerte, de Concha López Narváez.
Etiquetas:
club de 1º de ESO
31.1.16
Os clubs de lectura do IES de Poio saen na prensa

Os nosos clubs sairon na prensa esta semana. Aquí vos deixamos unha foto, pero podedes ler con calma a noticia neste enlace:
http://www.farodevigo.es/sociedad/2016/01/25/madres-dispuestas-leer-educar/1391707.html
27.1.16
Club de lectura de 2º ESO: Un trimestre de medo

Titulamos esta entrada así porque neste segundo trimestre imos seguir coas historias de medo, pero de medo, medo e comezaremos lendo Cando petan na porta pola noite, de Xabier Docampo, un clásico xa da literatura galega. O libro non é moi longo, aínda se nos vai facer curto de máis...!
O próximo día que nos xuntemos comentaremos o primeiro conto, "O espello do viaxeiro" e xa vos contaremos o que nos pareceu.
12.1.16
"Que me sorprendeu, que descubrín e que sensacións produce ler "Engurras" de Paco Roca?
Hoxe
pola mañá tivemos sesión do club de lectura de banda deseñada.
Estamos a ler a obra de Paco Roca Engurras,
editada por El patito editorial.
Esta novela gráfica que conseguiu o Premio Nacional do Cómic
consigue emocionar a lectores de calquera idade. Nela Paco Roca nos
conta a historia de Emilio, un antigo empregado de banca, que é
internado pola súa familia nunha residencia de anciáns, onde
afectado pola enfermidade do alzhéimer vai a experimentar unha nova
etapa da vida...
A
todos os compoñentes do club de lectura gustoulles o cómic! Ata o
momento sempre é esta obra de Paco Roca unha lectura con garantía
de éxito...
Esta
mañá falamos da enfermidade do alzhéimer, das residencias de
anciás e dos “centros de día”, do coidado aos nosos maiores, do
paso do tempo, da situación de dependencia para sobrevivir... E os
alumnos fixeron unha listaxe con algúns aspectos que destacaron
desta lectura, podedes vela no cadro...
Sorprendeume
|
Descubrín
|
Sensacións
|
- O rápido que vai a enfermidade.
- A técnica de debuxo (por exemplo, cando
deixa as caras sen rostro para expresar a falta de memoria).
- O ben que se representa o peso da
enfermidade.
|
- Como se senten os maiores.
- A tristeza que pode producir estar nunha
residencia.
- A rapidez da enfermidade.
- Como é a vida nunha residencia de maiores.
- Como se sente alguén con alzhéimer.
|
- Alegría e tristeza.
- Desacougo.
- Empatía (isto o resaltaron case todos os
alumnos).
- Tristeza.
- O medo ao paso do tempo.
- Angustia.
- “Medo a facermo vella”.
|
Etiquetas:
BANDA DESEÑADA,
Engurras,
Paco Roca
22.12.15
Resolución da convocatoria de Clubs de Lectura para o curso 2015/2016.
Hoxe aos clubs de lectura tocounos a lotería coa resolución da convocatoria de Clubs de lectura da Xunta de Galicia:
Estamos encantad@s coa asignación aos nosos clubs maiormente porque a recibimos tanto polo proxecto que presentamos este curso coma polo traballo realizado no curso pasado 2014-15 e que foi recollido e presentado na Memoria dos clubs.
É un importante recoñecemento ao noso esforzo polo fomento da lectura neste ilusionante proxecto que compartimos tod@s, coordinadores e alumnado, e nais participantes, a cantidade é importante para nós pois axuda a poder manter un nivel de lecturas acualizado e facilitar os nosos desprazamentos para convivir con outros clubs de lectura.
Parabéns para todos e todas por este fermoso agallasallo que hoxe recibimos e que nos anima a seguir compartindo e falando de lecturas un ano máis.
E o noso agradecemento a todo o equipo da Asesoría das Bibliotecas Escolares Galegas por confiar en nós e no noso proxecto (http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/827)... e por escoller a foto do noso club para a noticia.
Etiquetas:
club de lectura,
resolucion clubs de lectura
18.12.15
Clubs de lectura, menú degustación. Nine Paz.
Ola a todos e todas:
http://www.edu.xunta.es/eduga/1008/hora-ler/clubs-lectura-menu-degustacion
Veño de ler un artigo na revista dixital EDUGA no que a nosa aprezada compañeira Nine Paz fala en "clave gastronómica" do marabilloso labor que mediadores e mediadoras dos clubs de lectura para adolescentes realizan.
http://www.edu.xunta.es/eduga/1008/hora-ler/clubs-lectura-menu-degustacion
Describe Nine Paz no seu artigo o seu traballo coma coordinadora, o sentimento que a todos e todas os que formamos parte dun club de lectura nos une, como membros dun grupo unidos pola maxia da lectura, un grupo ao que nos unimos con liberdade contaxiados polo "virus que nos abre novas portas e xanelas".
O reto que supoñen os e as adolescentes "famentos" de lecturas aos que hai que ofrecer un variado e rico menú, saber escoitar as súas voces, a proceso de selección de produtos no supermercado editorial ( romper cos estereotipos da literatura xuvenil de masas, coidar e atender ás lecturas na nosa lingua...), o aproveitamento do contexto da lectura, establecer vínculos con adolescentes doutros clubs....
Recoméndovos a lectura atenta deste artigo, atoparedes nel moito do que vivimos nos nosos encontros na biblioteca e tal vez algunha imaxe compartida.
Grazas a Nine pola túa reflexión e a vós que gocedes dos libros nestas vacacións; á volta xa me contades.
Etiquetas:
club de lectura,
eduga,
Nine Paz.
17.12.15
Ata o seguinte trimestre!
Rematamos por este trimestre coas lecturas dos clubs de 2º da ESO e deixamos aquí as últimas conclusións dos pequenos grandes lectores e lectoras.
ATENCIÓN! Algúns comentarios poden conter spoilers, así que, se non queres que che desvelemos o misterio dalgunhas lecturas, non sigas lendo este post.
Sobre o final de Cartas de inverno, dinos Gonzalo que os personaxes acabarían posuídos polo "fantasma" e que agora vivirían na cripta. Segundo Fátima, os protagonistas morrerían queimados, aínda que a ela este final non lle gustou moito. Eimer é da mesma opinión que Fátima, pero engade que lle gustaría saber o que había realmente na cripta e, para el, estaría ben que na cripta tamén se encontrasen coa irmá...
Sobre Penúltimas tendencias, o que fixemos foi resumir os poemas nun twit (tamén lle podedes chamar chío, que é máis do país):
Un libro de princesas diferentes e rebeldes, chío de Estela.
Dálle pereza ser unha princesa, chío de Uxía.
Un libro que rompe as barreiras e os estereotipos, chío de Martín.
Un libro máxico, chío de Miguel.
Aprende a convivir, chío de Mario
Bo Nadal a todos os seguidores/as do club, a todos os que nos ledes e ata xaneiro!
Etiquetas:
cartas de inverno,
club 2º ESO,
Penultimas tendencias
13.12.15
Colaboración entre clubs "Os trasnos" e "Coristranca" : Programa de radio.
A proposta de Mercedes Queixas de que o noso club de 4º de ESO grupo 1 colaborara cos seus chicos e chicas do club "Coristranca, a lectura con retranca", xa que tod@s están lendo a mesma obra:
A praia dos afogados de Domingo Villar, concretouse nin máis nin menos que na participación dos nosos rapaces e rapazas no seu programa de radio (número 177 de "A fume de carozo").
Foi toda unha experiencia lectora e radiofónica que podedes escoitar no seguinte enlace:
https://cuacfm.org/radioco/recordings/2015-11-24%2017-00-00%20a-fume-de-carozo.mp3.
Menuda ilusión que lles fixo escoitarse na radio!!!! Tod@s desfrutamos coa colaboración, haberá que repetila.
Grazas Mercedes.
A praia dos afogados de Domingo Villar, concretouse nin máis nin menos que na participación dos nosos rapaces e rapazas no seu programa de radio (número 177 de "A fume de carozo").
Foi toda unha experiencia lectora e radiofónica que podedes escoitar no seguinte enlace:
https://cuacfm.org/radioco/recordings/2015-11-24%2017-00-00%20a-fume-de-carozo.mp3.
Menuda ilusión que lles fixo escoitarse na radio!!!! Tod@s desfrutamos coa colaboración, haberá que repetila.
Grazas Mercedes.
25.11.15
Pequenas coleccións dos grandes lectores e lectoras do club de 1º de ESO
Hoxe no club de lectura de 1º de ESO gozamos da última sesión relacionada co álbum ilustrado Dióxenes de Pablo Albo e Pablo Auladell. Trouxemos á reunión as nosas coleccións particulares e curioseamos nos obxectos máis prezados dos compañeiros e compañeiras.
Houbo moedas (de Nerea), pulseiras (de Elisabeth), imáns de todas as partes do mundo (de Lola), útiles de debuxo (de Andrea), cousas atopadas en paseos (de Noelia), cromos, gomas de borrar e follas de colores (da profe Cris),... ata unha colección de post-it!!! (de Sandra). Algúns participantes esqueceron traer as súas (tantos exames en cabezas tan pequenas...), pero xa nos adiantaron que veremos minerais (de Manuel), osos de peluche (de Abraham), cromos de fútbol (de Dylan)... e outras que son todo un misterio.
Na próxima sesión entregaremos a próxima lectura, que agardamos vos guste tanto ou máis que a que xa rematamos. Vémonos o mércores que vén!
Etiquetas:
club de 1º de ESO
Suscribirse a:
Entradas (Atom)