5.11.09

OS TRES CLUBES DE LECTURA NO TEATRO!


Aquí tedes unha foto dos alumnos dos clubes de lectura sentados nas escaleiras do auditorio de Cangas!

A semana pasada estivemos no teatro disfrutando da obra denomida Comedia bífida, de Manuel Núñez Singala, que representou a compañía Bicodobrelo teatro. Algúns alumnos xa viran a obra de teatro, pero representada por profesores do IES de Valle Inclán. Así, coincidían en resaltar que as dúas versións tiñan cousas boas. En xeral, a obra gustoulles.
Despois da obra a Editorial Galaxia obsequionos cun libro para cada un dos asistentes do mesmo autor de Comedia bífida que se titula En galego, por que non?

23.10.09

CLUBE DE NARRATIVA EN GALEGO

Comezamos por fin a nosa andaina deste curso, despois dos problemas técnicos - elaborar listas, organizar horarios e esperar polos libros- xa estamos en condicións de botar a andar (algúns de vós xa viñestes pola biblioteca a buscar os libros).

Este curso seremos tres grupos (de un que eramos o ano pasado...), dous de 2º de Bacharelato e un de 1º de Bacharelato (non hai que esquecer que teremos outro grupo de Banda deseñada).

Os grupos estarán coordinados polas profesoras Anxos Rial (os de 2º de Bacharelato) e Lucía Novás (o de 1º de bacharelato).

En 2º leremos un grupo "A praia dos afogados" de Domingo Villar e o outro "O único que queda é o amor" de Fernández Paz; en 1º lerán "O libro das alquimias" de Xesús Constela.

Estamos organizando a inauguración do curso para os clubes e...


A leeeeeeeeeerrrrrrrrr.




12.10.09

QUEREDES COÑECER A HEROÍNA DO CLUBE DE BANDA DESEÑADA PARA O INICIO DO CURSO?????

4.10.09

...e esta muller de excelsa beleza...é Hypatia...a gran Hypatia de Alexandría...

...alá polo século catro... coa relixión dos cristiáns convertida en credo oficial do Imperio... Alexandría(...)... a pequena Hypatia pasou case toda a súa vida entre as paredes do Serapeo... arrodeada de xentes de fonda sabedoría (...) catedrática do Instituto de Matemáticas do Museo... - Libro das Alquimias, Xesús Constela. Editorial Galaxia, pax. 111-
O curso pasado coñecemos a Hypatia, a primeira muller gran matemática e astrónoma da historia, da man de Xesús Constela e este outono volvémonos atopar con ela da man do director de cine Alejandro Amenábar.
A miña proposta é: Que vos parece se asistimos xuntos á proxección da película e logo comparamos a heroína de Xesús Constela coa de Alejandro Amenábar????. Sería unha boa forma de inaugurar os Clubes de Lectura deste curso.
Para ir abrindo boca aquí vos queda o trailer do filme:


4.6.09

Rematamos as sesións deste curso.

Hoxe tivemos a derradeira sesión de Comedia bífida e rematamos as sesións deste curso pois a semana vindeira, as chicas están cos exames finais e o primeiro é o estudo. Sobre a obra concluíron que en xeral gustoulles -salvo a un par delas- pero sen excepción o que preferiron foi a posta en escea da obra; coinciden en que o teatro é para representalo, a lectura está ben pero sácanlle máis zume a representación.

Acordamos ler para o vindeiro curso A praia dos afogados e logo algo de Agustín Fernández Paz, tamén queren levar libros para ler no verán.

E como fin de curso quedamos de ir á praia ao remate das clases e logo a MERENDAAR.


From fomos ao teatro

25.5.09

VISITOUNOS BALI RAI: O MULTICULTURALISMO






Está mañá visitounos BALI RAI, autor inglés da novela "Un casorio ben mal amañado". O encontro foi moi interesante non só porque se desenvolveu en dúas linguas (galego e inglés) senón pola visión que Bali Rai nos transmitiu da sociedade en Gran Bretaña (nada que ver coa idea tradicional que temos dos ingleses).
O autor é un claro defensor da MULTICULTURALIDADE, el di que escribe para todo o mundo , non para grupos específicos de xente; os políticos británicos non poden falar de multiculturalidade porque non a viviron, el quere escribir novelas que lle poidan gustar e el (indio), aos seus amigos (xamaicanos, negros, blancos...).
Ser británico é pertencer a moitas culturas distinta, a cultura non é algo sólido, recibe a influencia de todas partes do mundo...

A "young people" ten que ler o que queira.
Posted by Picasa

23.5.09

UNHA DEDICATORIA DE DAVID RUBÍN PARA AS CHICAS DO CLUB DE LECTURA DE BANDA DESEÑADA!


David Rubín dedicou unhas palabras ás chicas do club de lectura. Aí van:

Ola!

Antes de nada, quería vos dar as gracias por ler a miña obra, pois a lectura -e a relectura- é o que mantén vivos os libros.

Agardo que desfrutárades lendo "La tetería del Oso Malayo", para min foi toda unha aventura levar a cabo este libro, deixei moito de min nel, é coma un anaco do meu corazón, por iso éncheme de ledicia cada vez que alguén abre as súas tapas e faise partícipe das alegrías, os medos, a paixón e a desesperanza que eu volquei nesas páxinas.

Se xa sodes lectoras habituais de tebeos agardo que esta lectura a gardedes na mente e no corazón durante moito tempo, se polo contrario "La tetería..." foi o voso primeiro achegamento o mundo do cómic desexo que fora para vos unha experiencia pracenteira e que quedarades con gañas de repetir, tanto lendo outras obras miñas coma calquer outro dos maravillosos tebeos de calquer outro autor que hoxe en día podedes atopar con facilidade.

Mil gracias por camiñar da miña man nesta aventura, a tetería de Sigfrido estará sempre aberta para vos.

Un bico!

David Rubín.


Moitas grazas David! Fíxolles moita ilusión.
O último día do club de lectura foi moi distendido: parecía que houberamos quedado para tomar un café. Ademais da charla amable e agradable (sobre David Rubín, sobre o seu libro, sobre citas e demais...) coma sempre, trouxeron unhas frases famosas: “Choramos ao nacer porque vimos a este inmenso escenario de dementes” e “Quen ben che quere, farache chorar”.
Grazas a todas as compañeiras do club de lectura polos ratos tan estupendos que pasamos nas nosas reunións ao longo deste curso.