19.2.09

1ª sesión de Ollos de Auga.


Hoxe xúntamonos para compatir as nosas primeiras impresións arredor de Ollos de Auga; comezamos a sesión lendo un pequeno artigo de Uxía Casal publicado na revista dixital Protexta da cal destacamos a presentación dos personaxes, o marco espacial e a introdución á trama.
Na reunión o máis destacado foi a presentación dos personaxes, Leo Caldas e o axente Estévez, que por certo lles pareceu moi cómico, e as circunstacias do crime - espeluznadas polo maneira da morte- e pola investigación do mesmo.
Todas coinciden en que, polo de agora parece un crime dunha persoa que odia aos homosexuais, mais non adiantemos acontecementos... Espazo, a cidade de Vigo, marco o jazz, quedamos en adentrarnos fisicamente na cidade e coñecer a fondo o jazz creando un disco-forum coas cancións do libro.
Na próxima sesión lemos ata a páxina 155.

15.2.09


Última reunión do club de lectura de banda deseñada
Coma sempre empezamos a reunión cunha cita. Esta vez elixiron unha de Kurt Cobain: É mellor queimarse que disolverse lentamente.
Nesta reunión seguimos charlando sobre o libro de Persépolis. Mais tamén estivemos a ver distintas fotografías da cidade de Persépolis, para así achegarnos durante un intre a súa historia. Esta cidade de Irán en ruínas, considerada patrimonio da humanidade, foi mandada construír por Dario I no ano 331 a.c. Non obstante, a cidade quedou arrasada polo exercito de Alexandre Magno, quen a destruíu, asolou e incendiou. Hoxe en día constitúe un importante atractivo turístico.
En fin, xa queda pouco para comezar co seguinte libro! Mais aínda temos pendente unha sesión final co de Persépolis na que nos achegaremos, entre outras cousas, ao filme francés que se basea nesta obra de banda deseñada.