30.3.09

A ESMORGA publicouse hai 50 anos.


A "Esmorga" de Eduardo Blanco Amor leva medio século con nós.
O Cibrán, o Bocas e o Milhomes percorren a noite ourensá desde hai 50 anos; a súa primeira edición viu a luz en Buenos Aires, na editorial Citania.
Isto é o que hoxe pensan os nosos escritores da novela:
• Xurxo Borrazás: "A Esmorga" exemplifica o dominio das ferramentas literarias.
• María Reimóndez: "O uso coloquial da lingua urbana e sen folclorismos"
• Marcos Calveiro: " Sorprendeume a voz, ese galego coloquial, nun relato que transcorre nun só día"
• Camilo Franco: "Cibrán, o Bocas e o Milhomes son traballadoes sen recursos, pero traballadores, non aspiran a vivir da delincuencia".
• Anxo Angueira: "Nunca me pasou que unha xeración de estudantes non sufrise o impacto de ler A Esmorga."
• Xosé Carlos Caneiro: " A obra amosa un autor moi intrépido e unha novela suburbana valiosa pola incorporación de técnicas narrativas inéditas".
Eduardo Blanco Amor contaba 62 anos cando publicou a obra e , malia a diferenza xeracional, conectou coas xentes da Nova Narrativa. Afastado do modelo de Fole-Cunqueiro, A esmorga é documentalista, non rural, extremadamente realista e tecnicamente impecábel, segundo Marcos Calveiro, de apariencia sinxela e por iso complexa.
Fonte: “A novela dun “outsider” de Daniel Salgado. El País, 27/03/09