12.11.13

DRAGAL COS TRASNOS DOS LIBROS: VISITOUNOS ELENA GALLEGO ABAD .


"A biblioteca do IES de Poio é un lugar máxico, cheo de Trasnos e algún ca outro dragón. Para mostra, esta imaxe de hoxe mesmo:



Estas son as palabras que Elena Gallego Abad nos deixa no seu Facebook tras a súa visita á nosa biblioteca esta mañá.

A súa intervención comezou cunha pregunta: 
Que acontecería se na vida real houbese dragóns?  Eu quería que cando lerades os libros de Dragal dubidaredes se existen ou non os dragóns xa que logo todo o que hai en Dragal existe. Quería tecer unha fantasía nova a partir da Historia que xa existe e vencellala a Galicia".

E logo viñeron máis preguntas...
E o final de Dragal? O final escribiuse el só.
Como se publicou? Se queredes que algo se publique ten que ser moi especial; eu quedei finalista no Premio Fundación Caixa Galicia e o editor díxome que a novela estaba sen acabar ao que lle respostei que era unha triloxía. Dragal I,II, III escribiuse deseguido e nunha cea contactoume un produtor de cine polo que agora vaise rodar unha serie de TV, un proxecto educativo  e un vídeo-xogo. Finalmente Dragal serán tres triloxías.

E as ilustracións? O ilustrador foi Miguel Abad e debeu combinar na imaxe misterio, románico e humanidade.En galicia hai cultura, dragóns e pode haber libros fantásticos divertidos.
Por qué unha historia fantástica?  Eu só lera Harry Potter e Julio Verne, o máis fantástico que lin; intentei dicirlle cousas ao meu fillo que non me ía escoitar pero si ler, se o di un personaxe a mensaxe vai chegar a máis persoas, o meu fillo ía lelo por ser unha novela fantástica. 

Sentícheste identificada con algún personaxe? En Dragal III, os rapaces que sofren bulling identifícanse e fainos sentir mellor.
Hadrián é o teu fillo? Hadrián só é o meu fillo na forma de commer galletas, no resto non.

Que te inspirou? O que eu falaba era historia mais non había ningunha historia dun rapaz que se transformara en dragón.
Do que investigaches, que foi o que che pareceu máis incrible? O dragón está máis presente do que pensamos - no escudo do Madrid, en Gaudí, na anatomía de Leonardo da Vinci...- e houbo intencións de borralo.

Por qué ambientaches a novela en Galicia? En Galicia hai catacumbas, hai igrexas románicas, capelas con dragóns, pozas da moura...
E a maxia? Hai sitios máxicos e para min a biblioteca é o sitio máis máxico, se lle engades unha chave e unha prohibición... xa hai maxia.

E falamos e falamos, e falamos... realmente tod@s nos sentimos moi a gusto con Elena, creouse un ambiente agradable e máxico entre trasnos e dragóns; Moitas grazas Elena.

DRAGAL NO IES DE POIO on PhotoPeach  
     
                   

11.11.13

OS CLUBES BILINGUES

HEllo!! Salut!! Nos clubes de lectura en inglés e francés estamos a leer: "Slumdog millionaire" en inglés, o libro no que se baseou a película do mesmo título e que gañou 8 oscars en 2008. Esta historia contanos como un rapaz dos suburbios de Mumbay gaña " Quen quere ser millonario" e como sospeitan que fixo trampas. "Coeur brisé" en francés onde nos conta a historia dun "nerd" que ten que facerse un oco nun novo instituto de élite parisino.