6.2.09

OLLOS DE AUGA


Por fin, despois das gripes, exames e retraso na entrega dos libros comezamos o novo libro: "OLLOS de AUGA" de Domingo Villar; cambiamos de tema e de estilo: co inspector Leo Caldas (o noso protagonista) intentaremos resolver o misterio do asasinato do saxofonista Lois Reigosa; unha novela negra na que a música de jazz e a cidade de Vigo son elementos que nos envolverán neste relato. Nesta 1º semana leremos ata a páxina 82.
Déixovos agora algúns datos sobre o autor, que por certo hoxe me anunciaron que estará con nós a finais de marzo.
Domingo Villar (Vigo, 1971) vive en Madrid, onde traballou como guionista de cinema e de televisión. É crítico gastronómico nunha emisora de radio e colaborador habitual en diversos medios de comunicación escritos. Ollos de auga, que transcorre na cidade de Vigo, onde o autor pasou a súa infancia e mocidade, é a súa primeira novela. El mesmo se encargou da versión en castelán, publicada por Ediciones Siruela. A novela xa foi traducida a varias linguas europeas: ao alemán (Unionsverlag), ao italiano (Ponte Alle Grazie), ao búlgaro (Ciela), e ao inglés pola editorial Arcadia de Londres.
Que tal se imos coa primeira das cancións,The man in love (páxina 9)