11.11.10

PRIMEIRA SESIÓN DE RECKLESS

Esta mañá tivemos a primeira xuntanza para falar de Reckless; para comenzar Andrea agasallounos cun fermoso poema de Rosalía de Castro "Unha vez tiven un cravo..." que escolleu porque lle suxire que fala da perda do amor, cando o amor se vai, fica un espazo que non se ocupa, unha tristeza que non se vai.
Sobre o libro de lectura, en xeral, estaban un pouco desconcertadas cos personaxes e co mundo de ficción. Coincidimos que a autora nos primeiros capítulos busca desorientarnos  - Alicia non comprendía que se os goils son de pedra como poden andar e moverse, como un humano chega a converterse en goyl?????- coa finalidade de captar o noso interés.
Chamoulles a atención o personaxe da raposa ata que a relacionamos cos lobishomes e as mudanzas de pel, falamos de Clara e o amor...; tamén relacionamos a historia do pai desaparecido coa figura do pai de Skaiwalker na Guerra das Galaxias.
Finalmente coinciden en que lles está a "enganchar", que seguiremos lendo.

7.11.10

PRESENTÁMOSVOS O PRIMEIRO CÓMIC QUE IMOS LER:

 
A obra María y yo foi Premio Nacional do Cómic de Cataluña 2008. Foi tamén nominada nas categorías de "mellor obra" e "mellor guión" no Salón Internacional do Cómic de Barcelona de 2008. 

Miguel Gallardo nos relata unha viaxe coa súa filla María. Esta "ten 12 anos, un soriso contaxioso, un sentido do humor especial e ten autismo". Así, Miguel e María fannos viaxar con eles a través dunha obra tenra e entrañable, cargada de leccións de vida...
Esperamos que o disfrutedes moito!
Xa nos contaredes, será interesante intercambiar puntos de vista. 

INAUGURAMOS O CLUBE DE LECTURA DE BANDA DESEÑADA O PASADO XOVES

O pasado xoves démoslle a BENVIDA aos alumnos do clube de lectura de banda deseñada do curso 2010-2011. Algúns non puideron asistir porque tiñan exame. Aínda que non saian na foto tamén lles dedicamos esta entrada do blogger.