6.2.15

Nova lectura no club de 3º de ESO: OS FILLOS DO MAR de PEDRO FEIJOO.

Presentamos a nova lectura do segundo trimestre, lectura para campións:
"Os fillos do mar" de Pedro Feijoo... aventuras, intriga, historia, asasinatos, tesouros, todos os elementos para cativar aos lectores.

Despois de moitos debates:

Lemos non lemos... é moi groso... non sei se poderei... parece interesante...

Por fin chegamos a un acordo: leremos as cen primeiras páxinas e xa veremos...

Fixemos a presentación do libro, unhas palabras sobre o xénero, o autor, a trama, as intencións do autor... e chegou a decisión:  imos intentalo.

A coordinadora sabía que varios dos compoñentes do club ían engancharse e non poderían quedar nas cen primeiras páxinas (igual que sabe que varios van intentalo e abandonarán) pero as novas experiencias sempre son positivas, e logo...

Xa temos a María que rematou a lectura e a Carme que pouco lle falta, e son as primeirassss!!!!

Os retos son bos pero se van da man dun escritor como Pedro Feijoo sempre se pode auspiciar bos resultados.

Xa vos iremos contando....

“O pintor do sombreiro de malvas” Encontro con Marcos Calveiro.

20150206_105812

Esta mañá recibimos ao escritor MARCOS CALVEIRO na nosa biblioteca; xa nos acompañara no 2011 coa lectura de “O pintor do sombreiro de malvas” e encontrámonos de novo para falar desta mesma lectura (Club de 3º de ESO) e comentar as sensacións que lles produciu a obra aos nosos lectores e lectoras.

Marcos fíxonos unha pormenorizada presentación das súa obra: Os paralelismos entre o que hai de realidade entre a novela e a vida de Van Gogh, entre  o Auvers real e o literario, de como cada capítulo correspóndese cun cadro, os personaxes creados a partir de personaxes das pinturas, etc.

Á pregunta de por qué escolleu a Van Gogh respostou:

O punto que suscitou o debate máis intenso entre o escritor e os seus lectores foi o do final aberto, que tando disgusto causara nos lectores do noso club; así llo explicou o escritor:

“Todas as miñas obras teñen un final aberto por que a vida é un final aberto, podes ter a túa vida organizada e de súbito todo muda, por iso me gustan os finais abertos. O libro que máis me costou de escribir foi “Festina Lente”, tardei cinco anos en rematalo. Non escribín ningún libro cun final pechado, todos acaban cunha fuxida.”

Grazas Marcos por acompañarnos, esperamos que volvas de novo con novas historias para ler.

1.2.15

Sesión final de "O pintor do sombreiro de malvas"

Aquí temos finalmente a derradeira sesión de "O Pintor do sombreiro de malvas" de Calveiro, conclusións e valoración final:

SORPRESA DO AUTOR DAVID RUBÍN

Moitísimas grazas David por deixarnos estas palabras para os teus lectores do club de Banda Deseñada do IES de Poio! Un pracer ler as túas obras sempre! Un forte aplauso e apertas de todos os lectores deste club que tanto veñen de disfrutar a lectura de “Los niños sin espejo”!