19.2.11

O grupo do clube de lectura vai ao teatro!

 Con motivo do XII Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra fomos ao teatro a ver Alicia & Alicia de LA Producións Artísticas. Tratábase dunha adaptación contemporánea da obra clásica de Lewis Carroll. A saída houbo un intercambio de críticas e reflexións sobre a obra. Neste día tivemos unha nova experiencia na que todos exercitamos o noso espírito crítico e analítico.







Que máis da "Tetería del oso malayo"?

Non hai fonte limpa sen que o ser humano meta a súa gadoupa e a ensucie na súa natureza (Pío Baroja). Con esta cita que nos trouxo Oliver comezamos a última sesión do clube de lectura. Nesta ocasión centrámonos sobre todo na figura do autor da obra de BD neste caso David Rubín. Falamos da súa traxectoria profesional e dos sentimentos que nos transmitía a través da súas creacións. Todos coincidían en que o sentimento máis presente é a esperanza. Tamén observamos varios debuxos e cada un tratou de dicir o que lle transmitían... Foi moi interesante...
E xa que falamos do autor, aquí vos deixamos co trailer do recentemente estreado documental sobre David Rubín, Radiografía dun autor de tebeos, dirixido por Marcos Nine.

Segunda sesión de A TRES METROS SOBRE CIELO

Mañá teremos a segunda sesión de A TRES METROS SOBRE EL CIELO; nesta parte aparecen personaxes secundarios que van ser fundamentais no desenvolvemento da trama como a Giaccia pofesora de latín ou Paolo o irmán de Step, e outros como Sergio o do garaxe ou María a señora da limpeza.
Coñeceremos algo máis do pasado do potagonista e os seus probremas coa xustiza, e da súa relación cos pais, en concreto coa nai (relación que provoca a furia de Step fronte ao mundo).
Penso que este é o apartado máis cinematográfico da noveliña, en concreto o capítulo 23 onde se refiren as carreiras (escea que pode ter como antecedente as carreiras de "Rebelde sin causa" ou as de "Grease"); o capítulo é moi extenso en relación ao resto e predomina a acción, posiblemente resultou moi vistoso na película polas motos e as Camomilas (velocidade, risco, perigo...).
Tamén podemos destacar a incondicional relación de amizade -adolescente- entre Babi e Pallina, por exemplo no capítulo 19.
Para rematar citaría os múltiples enfrentamentos verbais entre os dous protagonistas que manteñen a tensión previa ao namoramento.

Agora vexamos algunhas esceas da película italiana:

13.2.11

O pintor do sombreiro de malvas en 3º de ESO.

En 3º de ESO, proxecto ARCE, estamos lendo O pintor do sombreiro de malvas de Marcos Calveiro; o pasado venres realizamos o noso primeiro achegamento en común ao libro: falamos da figura de Vincent Van Gogh, de pintura, do noso innominado narrador-protagonista (Porqué non ten nome?), de Adeline e do pobo.
Ás chicas estalles gustando o libro, mesmo algunha xa o ten rematado; para profundizar máis na figura do noso pintor e nas súas obras aquí temos unha presentación que achega o libro á pintura.