7.3.09

VISITOUNOS DOMINGO VILLAR: A min o que me gustaba de verdade era contar historias. Eu sabía que o que quería facer era escribir.

O mércores 4, tivemos o pracer de contar no noso centro coa presencia do escritor vigués DOMINGO VILLAR, o autor de OLLOS DE AUGA; deunos unha moi agradable charla sobre como chegou a ser escritor e contestou ás nosas preguntas sobre o seu primeiro libro.
O primeiro que nos dixo foi:
"Non me gusta aterrizar na vosa vida a través da lectura obrigatoria." e a partir deste inicio contounos como transcorreu a súa vida ata a chegar ao éxito de OLLOS de AUGA (obra traducida ao inglés, francés, italiano, búlgaro, ruso... "O libro é tan de aquí que van flipar noutros lugares."
Despois de charla compartiu o seu tempo coas chicas do Clube de Lectura que puideron facerlle algunhas preguntas :
Por que comeza os capítulos con definicións? É un xogo, coloco unha palabra, que está logo no texto, que ten unha acepción que cáseque adxectiva o capítulo.
O título de OLLOS de AUGA, de donde vén? Apereceume nun momento no que estaba escribindo e pareceume moi suxerente.

O seu próximo libro sairá en outubro e titúlase “A praia dos afogados”, trata sobre un afogado que aparece na praia Panxón e Leo Caldas sospeita que non afogou senón que foi asesinado.

Se algo ten de bo ser escritor é que pensas na vida.


6.3.09

CARUMA publica o seu primeiro CD


Os nosos compañeiros integrantes do grupo de música tradicional CARUMA veñen de publicar o seu primeiro CD; en exclusiva, exclusivísima permítenos aloxar neste blog a tema principal do seu CD : A certa historia da autoría de Jaime Simón.
Desde aquí animámosvos a escoitala (e a disfrutala) e como non desexámoslles a Carme, a Silvia, a Tere, a Jaime e aos seus compañeiros a mellor das sortes neste mundo da música.


Vémonos no próximo concerto!!!!!!!!



Podedes escoitala no seguinte enderezo:


Ou escoitala directamente neste blog, na columna lateral dereita tedes o reprodutor... lalalala...