24.12.11

Rematamos de ler o cómic de Bill Watterson


Foi interesante ver a evolución que se produciu na lectura deste cómic de Bill Watterson. Así, nas primeiras sesións gustáballe a algúns e a outros non lles acababa de enganchar nin de encher, mais a medida que os compoñentes do club de lectura ían avanzando na lectura do tebeo, este e os personaxes fóronlles resultando cada vez máis simpáticos e agradable. Deste xeito, na última reunión do club de lectura de banda deseñada (da ESO) todos coincidían en que lles gustaba o cómic.
Xa vos anunciamos que no próximo trimestre leremos o mesmo cómic que tanto desfrutou o outro grupo (o de Bacharelato): Arrugas de Paco Roca. Desexamos que teña tanto éxito como o tivo cós outros compañeiros! De momento deixámosvos con este vídeo de animación de Calvin & Hobbes.

23.12.11

Máis sobre "Un dedo manchado de tinta"


"Para min algúns dos relatos foron entretidos, pero outros aburríronme un pouco; fíxoseme longo e unpouco custoso rematar o libro aínda que o argumento queusa en cada relato pareceume interesante. " Carla.

" As historias que máis me gustaron foron IB-547 e a de Malulú, nesta última me pareceu moi triste cando relata todo o que o protagonista tivo que facer e vivir para chegar a España..." Eva.

"Sorprendeume moito que en cadacapítulo se narrase unha historia diferente e que estas sexan tan reais (...) gustoume que o autor decidira contar historiasda sociedade actual pois noutros libros parece que as nosas vidas non merecen atención; o autor consegue que nos deamos de conta que as miserias, comedias ou traxedias non lles  suceden a persoas especiais ou heroes (...). Sara.

" O libro é diferente aos demais, é orixinal o que me gustou" Juan Carlos.

"A opinión xeral deste libro é que nos gusta moito, máis ou menos todas as historias, pareceunos doado de ler. Todos opinamos que representa historias reais e que non ten unha estruturacorrente debido a que contasete historias diferentes quecon pequenos trazos van tendo cousasen común. De todos os personaxes o que máis nos gustou foi o de Malulú" (O grupo)