"Para min algúns dos relatos foron entretidos, pero outros aburríronme un pouco; fíxoseme longo e unpouco custoso rematar o libro aínda que o argumento queusa en cada relato pareceume interesante. " Carla.
" As historias que máis me gustaron foron IB-547 e a de Malulú, nesta última me pareceu moi triste cando relata todo o que o protagonista tivo que facer e vivir para chegar a España..." Eva.
"Sorprendeume moito que en cadacapítulo se narrase unha historia diferente e que estas sexan tan reais (...) gustoume que o autor decidira contar historiasda sociedade actual pois noutros libros parece que as nosas vidas non merecen atención; o autor consegue que nos deamos de conta que as miserias, comedias ou traxedias non lles suceden a persoas especiais ou heroes (...). Sara.
" O libro é diferente aos demais, é orixinal o que me gustou" Juan Carlos.
"A opinión xeral deste libro é que nos gusta moito, máis ou menos todas as historias, pareceunos doado de ler. Todos opinamos que representa historias reais e que non ten unha estruturacorrente debido a que contasete historias diferentes quecon pequenos trazos van tendo cousasen común. De todos os personaxes o que máis nos gustou foi o de Malulú" (O grupo)
No hay comentarios:
Publicar un comentario