6.12.08

O cheiro a pintura naquel estraño camiño... lévanos a Edward Munch...

Aquí atoparedes un cadro que nos acompañará durante toda a lectura... Cal será??????? lembras, comezou a berrar o home caveira mentras tremaba da súa terrorífica testa... (pax. 57)

4.12.08

A reunión de hoxe

cEsta mañá reunímonos para falar do Libro das alquimias, iniciamos a sesión lendo un pequeno poema de Eugénio de Andrade sobre o amor:

É urgente o amor.
É urgente um barco no mar.
É urgente destruir certas palavras,
ódio, solidão e crueldade,
alguns lamentos,muitas espadas.
É urgente inventar alegria,
multiplicar os beijos, as searas,
é urgente descobrir rosas e rios
e manhãs claras.
Cai o silêncio nos ombros
e a luz impura, até doer.
É urgente o amor,
é urgente permanecer.

Eugénio de Andrade

Logo falamos do libro, Salomé fixo un resumo do argumento, Sara R. empezou dicindo que era raro pero que despois do 1º capítulo enganchouse (coindidían todas). Comentamos datos sobre o argumento, os personaxes, o mundo real do vello e o neno e o mundo da historia que está por vir. Gustolles que lles explicara cousas sobre os planetas, así o entenden mellor. Debatemos sobre o título do libro e decidiron preguntalle ao autor o porqué deste. O tempo de lecer non deu para máis, quedamos de ler para a vindeira sesión ata o capítulo 18 .

25.11.08

A VIOLENCIA

ACTO EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe realizamos un pequeno acto en contra da violencia de xénero, un grupo de alumnos de 1º de ESO, 1º de bacharelato humanidades e 2º bacharelato ciencias recitaron varios poemas e textos de autoras galegas ou da súa propia autoría acompañados polas frautas, guitarra, contrabaixo... dos alumnos de música de bacharelato para lembrar ás mulleres vítimas da violencia de xénero e en xeral a tódalas vítimas da violencia; Ademais os alumnos de 4º de ESO C crearon un disco forum con cancións sobre o tema; aquí vai unha mostra da nosa homenaxe:

18.11.08

Lecturas contra a violencia de xénero

O día 25 lembramos a todas as mulleres que sufriron e sofren a violencia de xénero

De chico a chicaTerence Blacker(12-14 años)
Ed. SM
La que baila con las estrellasBeth Webb(12-14 años)
Ed. Salamandra
Un extraño entre nosotrosBianca Pitzorno(12-14 años) Ed. Espasa-Calpe
El despertar de TinaAntonio Martínez Menchén(12-14 años)
Ed. Alfaguara
El pan de la guerraDeborah Ellis(12-14 años) Ed. Edelvives
Historias de dragonesEdith Nesbit(12-14 años) Ed. Anaya
La mujer en la historiaEulalia de Vega(12-14 años) Ed. Anaya
La niña que riega las albahacasAntonio Rodríguez Almodóvar(12-14 años)
Ed. Ediciones de la Torre
Los sueños de NassimaMercè Rivas Torres(12-14 años) Ed. La Galera
El primer maestroTchinghiz Aitmátov(12-14 años) Ed. Lóguez
Todo cambió con JakobKirsten Boie(12-14 años) Ed. Alfaguara
Los hilos cortadosMontserrat del Amo Gili(12-14 años) Ed. Planeta - Oxford
El río que nos divideRichard Peck(15-18 años) Ed. Everest
Rapazas Agustín Fernández Paz(15-18 años) Ed. Lóguez
Teatro juvenil(15-18 años) Ed. Asociación de Autores de Teatro / La Avispa
CadenasFrances Mary Hendry(15-18 años) Ed. SM
Virginia WoolfGina Wisker(15-18 años) Ed. Lóguez
Material sensibleJordi Sierra i Fabra(15-18 años) Ed. SM

11.11.08

A BIBLIOTECA DE ALEJANDRÍA

Club de lectura 2008/09


Comezamos unha nova andaina do Club, espero que este curso o disfrutemos da lectura tanto como o ano pasado ou máis; No club de galego leremos este trimestre a noveliña de Xesús Constela Libro das Alquimias" http://www.editoresgalegos.org/imxd/axenda/imx/12065... unha obra chea de maxia e tenrura sobre as bibliotecas e os libros; Os dous protagonistas farannos viaxar a través do tempo por lugares do mundo distintos, desde Galicia ata Exipto ou por Europa. O libriño das pastas vermellas e follas amareadas conquistará levaranos da man polo mundo da lectura, da ciencia, da pintura, dos mitos e do saber. Disfrutádeo.
A 1º quincena leremos ata o capítulo 9 incluído, páxina 67.

16.6.08

OS ARRECENDOS DA CASA DE HELENE





Estivemos con TERESA MOURE:


"Herba Moura" ten unha forte carga ideolóxica; é unha defensa das mulleres, dos saberes das mulleres que non pasaron á historia; os saberes populares, a tradición de curar que logo dará lugar á ciencia e será durante moito tempo exclusiva dos homes.



Os arrecendos da casa de Hélène


E a casa de Héléne, pequena, sen ornatos, arrecendía a limón e a tomiño, a menta, a pementa verde, a maiorana, arrecendía a auga de chuvia, a suspiro, a eucalipto, a sésamo, a tilo, a marmelo, a penas pasaxeiras que poden ser amañadas, a poalla, a música, a serpol, a roseira brava, a morriña, a loito por unha meniña na lembranza, a herba abelleira, a fiollo, a eneldo, a risas que saen do ventre, a coidados, a pucheiro de substancia, a estragón, a aceda, a perexil, a libro vello, a libro novo, a tinta, a amorodo silvestre, a regalicia, a falso espiño, a pel ben satisfeita, ben acariñada ‑e ben lambida, a ortiga, a gatuña, a trevo, a tantas e tantas cousas arrecendía, que xa non se podían nomear, a pimpinela, a lingua de ovella, que nin nomes tantos había, a prímula, a herba benta, a capuchina, a cecimbre, para explicar, a herba luísa, a alguén que nunca tivese entrado, a semprenoiva, a leiburiña, como arrecendía a casa de Héléne. Que tiña un aquel doce que espertaba os sentidos, a pé de óso, a caraveleira, e os elevaba ata o grao máximo do pracer, a canela, a milenrama, a comiño, e un non podía deixar de mergullarse no aroma, a sabugueiro, a malva real, a herba de San Guillerme, e quedaba prendido dunha certa éxtase, a coandro, a trigo mouro, dunha sensación salvaxe, a fiúncho, que semellaba moito a morte..., a grosella, a arraclán, a abruño, mais unha vez iniciado o acto, a linaria, a levistico, o acto de ulir, claro... en que estaría ela pensando?, a caléndula, a borraxe, a asento, non se podía senón continuar, a arando, a visgo, a herba da crus, e sobre todo a framboesa, ata a fin… buuuuff. Que ben quedaba o corpo logo de entrar nese arracendo da casa de Hélène.
Herba moura. Teresa Moure, ED. Xerais. (cap.9, pax.243-4, parte 2)

SAN XOÁN: AS HERBAS


É a noite do lume, das lumeiradas, fogueiras, cachelas ou cacharelas; da auga, reviven as propiedades das fontes santas e milagreiras, das nove ondas do mar (purifican e fecundan), do orballo; e tamén do mundo vexetal.
Esta noite as plantas acadan o mellor das súas propiedades curativas e máxicas. Por iso, as mozas recóllenas para poñelas nun caldeiro con auga. Alí teñen que quedar ó orballo da noite e pola mañán tódolos membros da casa, en especial os nenos, lávanse con esta auga milagreira.

ROSA CANINA, FENTO MACHO, FIUNCHO, HERBA LUÍSA, HERBA DE SAN XOÁN, MALVA, CODESO, ROMEU, SABUGUEIRO, CROQUE, NOGUEIRA, TORVISCO.

As herbas, atadas nun feixe, deixábanse nun caldeiro con auga, toda a noite, ó sereno (para a bendición do San Xoán).

A mañán seguinte, lavábanse coa auga e gardaban as herbas que secaban ó sol, para logo usar como menciñas.
Curábase tamén ós nenos do enganido, fendendo en dous un carballo e pasando ó neno pola fenda. Interviñan dous Marías ou unha e un Xoán, decindo: "Toma María. Daca Xoán. Doucho crebado. Darásmo sán". Atan de novo a árbore e se solda, o neno cura.

Tamén hai a crenza de que si as mozas meten as herbas baixo da almofada, coñecerán quen vai se-lo seu home.

Pendurando do leito as herbas de San Xoán, pódese sabe-la sorte dos ausentes.

28.1.08




No clube de lectura pasamos de ler pequenos poemas a estensos contos e relatos.


Aí vai un exemplo:


O sol da tarde doura os campos. O açude reluz ao pé do bosquete de eucaliptos. Mas Eugênio só enxerga os seus pensamentos e dentro deles está Olívia, pálida, estendida na mesa de operaçoes, coberta de panos ensangëntados. "Ela sabe que vai morrer... Pediu para vê-lo..." Ele precisa ir. Imediatamente.

15.1.08


Zeca Afonso- Grândola, Vila Morena

(Premer no título para ver vídeo e música do blog do Club de lectura da Biblioteca de Pontevedra))Ás 0.20 do día 25 de abril de 1974 no programa Limite de Radio Renascença emitiuse Grândola, Vila Morena, que era a segunda e último sinal para dar comezo ao movemento revolucionario que derrotaría á ditadura de Salazar e daría liberdade a Portugal e ao seu inmenso imperio colonial. As forzas do exército portugués
organizadas polo MFA serían as encargadas de conseguir a liberdade co apoio do pobo que as acubillou coa colocación de caraveis vermellos nas bocas dos canóns dos tanques e os fusís dos soldados. O primeiro sinal foi emitido ás 22.55 do día 24 de abril e foi a música E depois do adeus, cantada por Paulo de Carvalho. Grândola, vila morena simboliza non só a Revolución dos Caraveis, senón tamén as ansias de liberdade de todos os pobos oprimidos polas ditaduras.




Grândola, vila morenaTerra da fraternidade,

O povo é quem mais ordena

Dentro de ti, ó cidade.

Dentro de ti, ó cidade

O povo é quem mais ordena,

Terra da fraternidade

Grândola, vila morena.

Em cada esquina um amigo

Em cada rosto igualdade,

Grândola, vila morena

Terra da fraternidade.

Terra da fraternidade

Grândola, vila morena

Em cada rosto igualdade

O povo é quem mais ordena.

À sombra duma azinheira

Que já não sabia a idade

Jurei ter por companheira

Grândola a tua vontade.

Grândola a tua vontade

Jurei ter por companheira,

À sombra duma azinheira

Que já não sabia a idade.







Resistencia - Rosa Aneiros
Para comezar, que tal se nos informamos un pouco sobre o contexto histórico-social no que transcorre a historia?A Revolución dos Caraveis: A revolución dos caraveis (en portugués: Revoluçãou dous Cravos ou, moito máis frecuentemente, O 25 de Abril) é o nome dado ao levantamento militar do 25 de abril de 1974 que provocou a caída en Portugal da ditadura salazarista que dominaba o país desde 1926, a máis lonxeva de Europa. O fin deste réxime, coñecido como Estado Novo, permitiu que as últimas colonias portuguesas lograsen a súa independencia tras unha longa guerra colonial contra a metrópole e que Portugal mesmo se convertese nun estado de dereito democrático. A inicios da década de 1970 o réxime autoritario do Estado Novo seguía pesando como unha laxa sobre Portugal. O seu fundador, António de Oliveira Salazar, foi destituído en 1968 por incapacidade e faleceu en 1970. Viño a substituírlle Marcelo Caetano na dirección do réxime. Calquera intento de reforma política foi abortado debido á propia inercia do réxime e ao poder da súa policía política, a Polícia internacional e de Defesa do Estado (PIDE).
En paralelo coa decadencia do réxime franquista en España. O réxime illábase, envellecido e anquilosado, nun mundo occidental na plena efervescencia social e intelectual de finais da década de 1960. Mentres tanto as súas colonias Mozambique e Angola, arrastradas polos movementos de descolonización, estalaran en revoltas desde principios da década e obrigaban a Portugal a manter pola forza das armas o imperio portugués que estaba instalado no imaxinario dos ideólogos do réxime.
. En Portugal, a revolución que depuxo ao salazarismo é coñecida popularmente como o 25 de abril. O 25 de abril de 1974, ás 0.25, a Rádio Renascença transmite Grândola, Vila Morena, unha canción revolucionaria de José Afonso. É o sinal pactado polo MFA para ocupar os puntos estratéxicos do país. Seis horas máis tarde o réxime ditatorial derrúbase. A pesar dos continuos chamamentos radiofónicos dos capitáns de abril (do MFA) á poboación para que permanecese nos seus fogares, miles de portugueses gañaron as rúas mesturándose cos militares sublevados. Un dos fitos daquelas concentracións foi a marcha das flores en Lisboa, caracterizada por unha multitude equipada de caraveis, a flor de tempada. Ese é a orixe do nome dado a esta revolución incruenta que, no entanto, arroxou un saldo de 4 mortos ocasionados polos disparos da policía política contra manifestantes civís.
Posteriormente ao día 25 foron liberados os presos políticos da prisión de Caxias. Produciuse tamén o retorno desde o exilio dos líderes políticos da oposición. Ao ano convocáronse unhas eleccións constituíntes e estableceuse unha democracia parlamentaria de corte occidental. Deuse fin á guerra colonial e garantiuse a independencia das colonias africanas antes de finalizar o ano 1975. Tamén se realizaron nacionalizacións de grandes empresas. Durou dous anos o período turbulento que seguiu á revolución dos caraveis, caracterizado por loitas entre a esquerda e a dereita. Ese período pasou a historia como o Proceso Revolucionario en Curso, ou PREC, unha designación ambigua usada polos gobernantes que dá conta da falta de definición do rumbo dos acontecementos.
O día 25 de abril é festividade nacional en Portugal e adoita acoller conmemoracións e celebracións cívicas. Desde algúns sectores sociais adóitase lamentar o abandono do inicial carácter esquerdista da revolución. Así mesmo, sectores dereitistas minoritarios consideran que a revolución produciu resultados perniciosos para o país. A Fortaleza de Peniche A Fortaleza de Peniche foi mandada contruir por Joãou III no ano 1557 e terminada por D. Joãou IV no ano 1645. Atópase situada ao sur da península de Peniche, sobre uns cantiis. Nas súas orixes foi sede dun importante complexo militar, coñecida como unha das prisións militares máis importantes, e a súa cronoloxía esconde numerosos episodios da historia de Portugal, vindo a ficar tristemente célebre cando, durante a ditadura salazarista, ali foi instalado un cárcere destinado a prisioneiros políticos. Depois da Revolución dos Caraveis,en 1974, a fortaleza transformouse nun espazo cultura que actualmente alberga no seu interior varias instalacións, Museu Rexional, escola náutica, hotel turístico, escola de pesca, acuario, etc. Todo o conxunto está clasificado como Monumento Nacional.








2.1.08


A Consellería de Educación vén de concedernos unha axuda de 1000 euros para as actividades do Clube de Lectura; agora xa poderemos mercar un dicionario de portugués e os libriños de lectura para a biblioteca, fenomenal...