13.4.11

BANDA DESEÑADA E CINE OU ANIME NO CLUB DE LECTURA!

- “É verdade, os cómics son unha arte popular, e si, creo que a súa obrigación primaria é entreter, pero os cómics poden ir máis aló diso, e cando o fan, deixan de ser só entretemento e pasan a ter gran importancia.”
Bill Watterson

AQUÍ VOS PRESENTAMOS A RELACIÓN DOS CÓMICS LIDOS ATA AGORA CO AUDIOVISUAL. Esperamos que vos sexa útil.

Cómic
Filme ou anime
- Persépolis de Marjane Satrapi
- Persépolis dirixida por Vincent Paronnaud e Marjane Satrapi
- María y yo de Miguel Gallardo e María Gallardo
- María y yo dirixida por Félix Fernández de Castro
- La tetería del oso malayo de David Rubín
- Radiografía de un autor de tebeos, documental dirixido por Marcos Nine
- Black Jack de Osamu Tezuka
- Serie de anime dirixida por Makoto Tezuka e Satoshi Kuwabara
- Dous filmes:
-    Black Jack, la película de Osamu Dezaki
-      21 blackjack dirixida por Robert Luketic no 2008
- Kitaro de Shigeru Mizuki
- Serie de anime de máis de cinco temporadas e realizada por varios directores:             Isao Takahata, Osamu Kasai, Hiroki Shibata, Daisuke Nishio, Yukio Kawazu e             Kimitoshi Chioki
- Promethea de Alan Moore e J. H. Williams III
- Os filmes V de vendeta de James McTeigue e Watchmen de Zack Snyder, inspirados cómics de Alan Moore poden relacionarse con Promethea. Porén, non debe esquecerse que Alan Moore negouse a aparecer nos créditos destas películas por non compartir a adaptación que se fai das súas obras
 

10.4.11

SEMANA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL: Contacontos de Carlos Nuñez, saída didáctica a Ferrol, visita de MARCOS CALVEIRO e encontros de PLAMBE.

Esta semana tivemos COMPLETOOO, vaia, que fomos de actividade en actividade:

* Comezamos o luns coa celebración do Día do Libro Infantl e Xuvenil na nosa biblioteca: Marabillosa a sesión de contacontos do noso mestre CARLOS NÚÑEZ que nesta ocasión deleitounos coa historia de Don Esmeraldino, O Galo de Portugal, conto integrante da obra Merlín e  familia de Álvaro Cunqueiro. 
Iván e Rubén introducíronos no significado da celebración e leron a biografía e obra de Andersen. Paula Sertal foi a encargada de lernos o manifesto deste ano para día do LIX.



* O martes acompañamos aos alumnos de 3º de ESO a coñecer a cidade de Ferrol (entre eles estaban as nosas chicas do Club de lectura de 3º), paseamos polas rúas do barrio da Magdalena, falamos de Torrente Ballester na praza de Amboage,  participamos de dúas actividades -  Aquaciencia e  Urbanismo ecolóxico no parque Reina Sofía- embarcamos na LANCHA de Mugardos -como alí a chaman-  que nos levou dar un agradable paseo por mar a través da ría de Ferrol para desembacar na fermosa vila maiñeira de Mugardos; despois do xantar volvemos embarcar e achegámonos ao Castelo de San Felipe antigo fortín militar que protexía a ría de Ferrol de invasores coma os ingleses, puidemos ver alí as ancoraxes da antiga cadea que servía para pechar a ría en caso de ataque, as baterías de costa cos seus canóns, etc. Xa de regreso a Ferrol puidemos ver as fragatas da Armada Española no Arsenal .


* O mércores recibimos no instituto ao escritor Marcos Calveiro co seu O pintor do sombreiro de malvas, interesante encontro ao que asistiron os chic@s de 4º de ESO e as chicas do club de lectura de 3º de ESO; Falamos da tía JO JO (personaxe perfilado en base a unha parente do autor que era beata), do rapaz (desvelounos que o rapaz non ten nome por que tamén está innominado no cadro de Van Gogh no que se baseou para crear o personaxe),do gardagullas da estación, das irmás do retrato e  presentounos en fotografía o pobo de Auvers.
Á pregunta de por qué a historia non ten un final feliz dixo que pretendía crear unha ficción de final aberto -tal vez o rapaz regrese ou non con Adeline, tal vez atope a súa naio ou non- só Vincent estaba predestinado a morrer na novela por que non se pode falsear a Historia, ademais para finais felices están as películas de Disney e  a vida real non é así.
Adiantounos algo da súa nova novela, a acción transcorre en México durante a Revolta de Pancho Villa, hai na obra un trompetista e tamén hai cine.
Explicou como se vai documentando para crear situacións e personaxes de ficción a patir da vida real: recolle novas dos xornais, escoita conversas cando vai no Vitrasa ao traballo, observa situacións na praia ou cando está parado nun semáforo... todo vale para a creatividade.
Esperamos que Marcos Calveiro teña moita sorte na súa nominación ao premio White Ravens e desexamos que en breve poidamos ler a súa nova novela. Grazas pola visita Marcos, os chicos quedaron  encantados.




* Para rematar ben a semana, a coordinadora da biblioteca asistiu aos ENCONTROS DO PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES 2010-2011; Tras escoitar a dúas especialistas en bibliotecas que nos falaron da avaliación das mesmas, participamos activamente na sección de experiencias presentando o noso club de Banda Deseñada (déixovos neste post a pesentación do relatorio); Pola tarde tras unha reunión de coordinadores por zonas tivemos a grande satisfación de poder escoitar a un clásico: Xosé Neira Vilas que nos falou de libros e lectura e como non de Balbino, o protagonista de Memorias dun neno labrego.

Xa vedes, semana intensa, variada e moi completa.