6.12.10

QUE ME SUXIRE ESTE CÓMIC?

Na última sesión do clube de lectura de banda deseñada comentamos as impresións dos compañeiros sobre o libro e as súas personaxes (que non son ficticias). Así, definen o libro como “bonito”, “diferente ao que normalmente les en banda deseñada”, tamén como “sincero e tenro”... din “que pode ensinar moito”... Pola súa banda, María, a protagonista é diferente, especial e pode lembrar os nomes de todas as persoas que coñece.
A reflexión desta reunión centrouse en como debemos tratar as persoas diferentes e dependentes. Falamos da importancia de integrar na sociedade a alguén que poida ter algunha deficiencia. Os compañeiros do clube de lectura propuxeron axudas para coidar a aqueles que o precisen por non poder ser autónomos. Foi un debate moi interesante para todos.
Ademais Natalia presentounos unha cita escollida por ela de Tucídides: “A historia é un incesante volver a comezar”.