23.3.14

Presentamos o club de lectura de 1º de ESO

Este mes, tras unha reorganización dos grupos de lectura, iniciamos a nosa andaina de prácticas lectoras cun novo club; Esta sección  de 1º de ESO está composta por:

Maena (1º ESO B), 
Mónica, Natalia, Sara e Sayonabou (1º ESO C), 
Gabriela, Verónica e Cristina(1º ESO A)

Benvidas todas elas ao noso recuncho lector.

7.3.14

O Día da Muller na Banda Deseñada:


Interesantes entradas do blog de Komic Librería para celebrar o Día da muller:




Mulleres protagonistas de comic:





Mulleres que escriben comic:


De lectura recomendada para os participantes no noso club de banda deseñada (agradecemos á Librería Komic as súas recomendacións).


No club de Linguas Clásicas lemos a Catulo.

Tamara e Sonia fan unha breve introducción á Lírica latina e a Catulo, o poeta que estamos a ler esta avaliación:

 

22.2.14

26.1.14

As nosas lecturas do 2º trimestre



http://www.pinterest.com/anxos/os-trasnos-dos-libros-len-no-2o-trimestre-201314/

CIRCE OU O PRACER DO AZUL de BEGOÑA CAAMAÑO



A nosa lectura para o club de 4ºde ESO neste trimestre é a novela de Begoña Caamaño: Circe ou o pracer do azul.


Sensibilidade, feminidade e feminismo, o romanticismo da mitoloxía clasica, o heroe, a beleza e o lirismo da linguaxe, a recreación literaria realizada con arte e respecto polo texto orixinal, a fermosura, os sentimentos, a tradición, a amistade, a fidelidade... son todos eles trazos que podemos atopar nesta obra.

Dúas mulleres que se encontran na vida xirando arredor dun home Ulises e que nolo presentan desde vivencias moi diferentes; unha profunda amistade que se vai tecendo entre elas a través das súas epístolas. A maxia, o amor, o pracer misturados coa tradición literaria envólvennos coa sensibilidade feminina e feminista das dúas personaxes principais.

A beleza no tratamento da linguaxe, a delicadeza e o lirismo, a riqueza da escolla léxica fan desta novela unha obra de arte.

Todos os elementos homéricos están presentes na obra: a beleza de Circe, a longa espera de Penélope, o tear no que a dona de Ulises tece e destece pero o centro da trama non está no heroe senón nas súas mulleres e arredor delas o profundo azul do mar que as separa e as achega.

Ao longo das postas en común iremos comentando a evolución das personaxes e a relación que se establece entre elas.



15.1.14

ALGUNHAS CONCLUSIÓNS DE "NELA"...

Nesta ocasión o libro de Nela gustou a todos os participantes do club de lectura de banda deseñada. Aquí extraemos algúns dos comentarios dos nosos lectores.

Soraya: “O cego simboliza que a humanidade canto máis lle des máis dano vai facer. As sociedades avanzadas son as que máis dano fan ao mundo e as persoas...”

Brandán: “O cego pode ver o que non se ve”
“O cego era boa persoa ata que recuperou a vista”

Laura: “O libro suxire que ás veces os que verdadeiramente estamos cegos somos o que temos vista porque non nos fixamos no que é certamente unha persoa, distraémonos con outras cousas...”

Ambar: “É un libro triste, mais gustoume moito”

Sofia: “Unha obra triste e bonita á vez”


11.12.13

CREANDO HISTORIAS: Nomeado membro "especial" dos clubs de lectura.

O pasado luns tivemos unha visita especial na sala de profesores; buscando a caloriña un saltón achegouse ao cristal, a profe de Bioloxía fotografouno e fíxoo famoso en Facebook xerando unha conversa a tres bandas entre profe de bioloxía e as coordinadoras dos clubs.
A conclusión: vimos de nomealo novo membro dos clubs de lectura do IES de Poio... e aquí o tedes... a que é lindo???? 

Podería ser o protagonista de moitas lecturas:




Alguén se anima a convertilo en personaxe, por exemplo, dun relato ou dun poema??? Poderiamos comezar dándolle un nome... e logo???

Esperamos as vosas colaboracións, enviádeas ao seguinte enderezo electrónico:

bibliotecaiespoio@gmail.com