19.2.11

Segunda sesión de A TRES METROS SOBRE CIELO

Mañá teremos a segunda sesión de A TRES METROS SOBRE EL CIELO; nesta parte aparecen personaxes secundarios que van ser fundamentais no desenvolvemento da trama como a Giaccia pofesora de latín ou Paolo o irmán de Step, e outros como Sergio o do garaxe ou María a señora da limpeza.
Coñeceremos algo máis do pasado do potagonista e os seus probremas coa xustiza, e da súa relación cos pais, en concreto coa nai (relación que provoca a furia de Step fronte ao mundo).
Penso que este é o apartado máis cinematográfico da noveliña, en concreto o capítulo 23 onde se refiren as carreiras (escea que pode ter como antecedente as carreiras de "Rebelde sin causa" ou as de "Grease"); o capítulo é moi extenso en relación ao resto e predomina a acción, posiblemente resultou moi vistoso na película polas motos e as Camomilas (velocidade, risco, perigo...).
Tamén podemos destacar a incondicional relación de amizade -adolescente- entre Babi e Pallina, por exemplo no capítulo 19.
Para rematar citaría os múltiples enfrentamentos verbais entre os dous protagonistas que manteñen a tensión previa ao namoramento.

Agora vexamos algunhas esceas da película italiana:

4 comentarios:

  1. É unha parte onde a relación que ten Babi cos pais cambia polo seu romance con Step.
    É unha parte onde hai moita emoción sobre todo no capítulo 21.
    Babi comeza a fiarse de Step.
    Estamos impacientes por sabelo que acontece o final.
    O video en italiano é mellor que o video en español.
    Jeni, Eva e Rocío

    ResponderEliminar
  2. Gustounos moito esta parte do libro. Ten escenas relacionadas con outras películas.
    O video en italiano é moi bonito aínda que nos gusta máis o actor da película española.

    Patri e Sara.

    ResponderEliminar
  3. Gustounos o video en italiano porque é a version orixinal pero gustanos máis Mario Casas que o actor italiano. O capitulo que máis nos gustou foi o das camomilas.

    Carla, Tamara , Tania e Sandra

    ResponderEliminar
  4. Queremos destacar como é o instituto de Babi. É un instituto privado e femenino.
    A profesora de latín é moi estricta e pillou a Babi intentando axudar a súa amiga e non so lle puxo unha mala nota, se non que queríaa expulsar. A nai para evitalo tivo que pagar unha cantidade alta e estivo castigada.

    Raquel Montes e Marta Martínez

    ResponderEliminar