12.10.11

O MITO DO MINOTAURO E "LOS JUEGOS DEL HAMBRE"

A guerra de Irak, un concurso de telerrealidade  e a mitoloxía grega  prenderon a semente en Suzanne Collins para comezar a redacción de "The hungry games".
O mito do Minatauro en concreto serviu de inspiración á autora e nós acudimos á Esther, a nosa profesora de grego para documentarnos, por iso agradecemos a súa colaboración cos clubs de lectura e publicamos o post que ela nos enviou para enriquecer as nosas lecturas: 

A LENDA DO MINOTAURO
O Minotauro, terrible monstro con corpo de home e cabeza de touro, naceu da raíña de Creta, Pasífae, e un touro branco enviado ao seu esposo, Minos, polo deus Poseidón. O deus castiga a Minos por non sacrificar o touro na súa honra e inspira en Pasífae unha terrible e contra natura paixón polo touro.

O rey Minos, horrorizado polo nacemento, quixo ocultar o monstro e mandou construír a Dédalo un intrincado labirinto onde encerrar ao Minotauro. Alimentábase a este monstro con carne humana, que proviña principalmente do tributo anual de sete rapaces e sete rapazas que Atenas estaba obrigada a pagar a Creta. O heroe ateniense Teseo foi o encargado de rematar con este oneroso pago da súa patria dando morte ao Minotauro coa axuda de Ariadna.

Tralo inicio da lectura, xa me contaredes se interpretastes a relación entre o mito e a novela... 



No hay comentarios:

Publicar un comentario