22.1.12

DOAZÓN DE FONDOS DESDE AS BIBLIOTECAS CRA DE CHILE

Vimos de recibir o presente que os Reis Magos ( da man de Constanza Mekis) deixaron para nós nada máis cerca que en Chile: unha doazón de fondos de "el componente Bibliotecas Escolares Centros de Recursos para el Aprendizaje CRA del Ministerio de Educación de Chile".
Trátase da colección "Mis lecturas diarias" , libros de lecturas literarias e informativas para estudiantes.
O envío inclúe tamén unha curtametraxe "La Estrella Alcanzar" e o vídeo "Chile en un relato" que recolle historias tradicionais chilenasque nos permitirán achegarnos á cultura deste país.

Desde esta páxina queremos agradecer a Contanza Mekis e ás Bibliotecas CRA chilenas este agasallo do cal gozaremos todos - alumnos e docentes- do IES de Poio. 

DOAZÓN DESDE CHILE - BIBLIOTECAS CRA on PhotoPeach

1 comentario:

  1. Agora éntrame a dúbida se a música é de Mozar ("Don Giovanni") ou de "El barbero de Sevilla". En fin, un traballo máis ben feito. Pasando a outra cousa, non hai país, por culto que sexa, como é o caso de Chile, que non tivese que sufrir momentos difíciles. Xa os araucanos no século XVII presentaron forte oposición ós conquistadores españois; logo o país tivo a súa independencia e creou un corpo de cultura parecido ó de Argentina e Uruguay. Non se pode deixaar de amar a Chile.

    ResponderEliminar