Arrugas; Paco Roca. Esta é a primeira recomendación para o ano 2012. Este premio nacional do cómic no 2008, é un pequeno relato sobre un enfermo de Alzheimer que ingresa nunha residencia. Aproveitemos a súa lectura xa, posto que está apiques de saír no cine!
Black Jack; Osamu Tezuka. Black Jack é un médico cun extraordinario talento que exerce na clandestinidade porque non está de acordo co sistema sanitario xaponés (serie manga). Os alumnos que o leron afirman que gozaron moito desta obra.
El arte. Conversaciones con mi madre; Juanjo Sáez. A modo de xogo entre varios xéneros narrativos -ensaio, autobiografía e novela-, Juanjo Sáez, con humor e sen andrómenas, cun un estilo cómplice e popular, pensa en voz alta a súa visión da arte, e para exemplificala detense no traballo dalgúns dos creadores máis representativos dos últimos tempos: Calder, Picasso, Warhol, Dalí e Chillida entre outros. E noutro plano igual de fascinante, Sáez leva a cabo un labor de índole máis sentimental: percorre as salas de museos xunto á súa nai, rememora escenas familiares cotiás, revisitando a súa propia memoria. É unha obra divertida á par que entrañable...
El heroe, vol.1; David Rubín. É unha adaptación do mito dos doce traballos de Heracles, situando a acción nunha época fantástica indeterminada, que mestura pasado con presente e elementos de ciencia-ficción. É unha obra magnífica que, aínda que está recentemente publicada, xa goza de numerosos premios que valoran xustamente o traballo realizado por David Rubín.
El soñador; Will Eisner. É un relato autobiográfico no que Eisner explica a súa loita e as enerxías que inverteu para poder conseguir que a súa carreira profesional tivera a dirección do seu soño: debuxar cómics. É verdadeiramente recomendable posto que a súa lectura emociona e transmite unha frescura que deixa unha sensación agradable e perdurable.
Epicuro El sabio; William Messner-Loebs & Sam Kieth. Cómic no que se recrea a Atenas clásica pola que pasean Epicuro, Platón, Sócrates, Pericles, Esopo, Hesíodo, Homero...
María y yo; María Gallardo & Miguel Gallardo. Neste cómic “yo” é o pai de “María” unha rapaza autista coa que vai de vacacións... Lese moi rápido, o formato semella infantil pero vale para todas as idades. Serve para traballar cos alumnos distintos aspectos: a “diferenza”, como as estruturas mentais poden condicionar a interpretación de calquera aspecto vital, a afectividade, as normas e códigos sociais (e a súa alteración)...
Maus; Art Spiegelman. Foi gañador do premio Pulitzer. Cóntase a historia dun sobrevivente de Auschwitz que é narrada polo seu fillo Art, o autor do libro. Os xudeus son representados como ratos e os nazis como gatos...
Persépole; Marjane Satrapi. Persépole é a historia autobiográfica da iraní Marjane Satrapi, a historia dunha loita pola liberdade... de como creceu nun réxime fundamentalista islámico que a levaría a abandonar o seu país.

V de vendetta; Alan Moore e David Lloyd. Este clásico de ciencia-ficción e intriga sitúase no ano 1997, no que finalizou a III Guerra Mundial e no que Inglaterra converteuse nun estado fascista. Nestes tempos de desesperación e escuridade, aparece un misterioso individuo que se fai chamar "V" e que ataca aos intereses e axentes do estado, creando o caos. Pero, Quen é "V"? Por que busca vinganza?..
Todos os cómics recomendados están na biblioteca do IES de Poio. Agardamos que os disfrutedes!
No hay comentarios:
Publicar un comentario