O clan da loba é o primeiro título da triloxía de Maite Carranza (autora catalana Premio Nacional da literatura infantil e xuvenil 2011) "A guerra das bruxas". Cos dous títulos - o da novela e o da triloxía- xa temos información do subxénero narrativo ante o que nos presentamos: a narrativa fantástica; Fálanos de lobos e de bruxas, personaxes míticos da literatura popular; na primeira páxina do primeiro tomo atopamos outro indicativo deste mundo misterioso, A profecía de O: "E un día chegará a elixida, descendiente de Om" que nos augura varios elementos da obra, un clan (o de Om), unha profecía ("...cabalgará o sol e brandirá a lúa...") e unha nena, Selene.
O primeiro tomo está estruturado en 33 capítulos organizados en profecías (o que vai vir), un libro e varios tratados (o que está escrito) e finaliza coas memorias (o que foi) que nos envolven en distintos tempos pasado e futuro e o valor do que se recolleu nos libros, característicos elementos da literatura fantástica.
O espazo tamén é mítico, a lúa -lembremos que Selene é o nome da lúa-, o Pirineo, flotamos pois rodeados de misterio, de luz e de lendas e de mitos, a guerra das bruxas está a piques de comezar e a elexida debe superar o proceso de iniciación.
Anaid, as nosas bruxas, son mulleres actuais que levan a herdanza das súas antergas:
" Ela destacará entre todas,
será raíña e sucumbirá á tentación
(...)
Os ditados do corazón da elixida propiciarán a verdade.
A unha triunfará sobre as outras.
Definitivamente."
gustoume moito este primer libro da trioloxia. É moi entretenido e interesante.esperoque os seguintes tamén sexan así. Belén Sanmartín
ResponderEliminar