28.10.12

PRESENTACIÓN DOS CLUBS DE LECTURA 2012-2013

Durante estes últimos quince días tivemos a presentación dos clubs de lectura de narrativa e poesía de 2º de bacharelato e parte de 3º de ESO pois os dous grupos de Banda Deseñada e o terceiro de 3º de ESO, aínda non comezaron a súa andaina a causa do retraso na chegada dos seus libros.

  • En 2º de bacharelato estreamos o noso camiño lector da man de Ninguén de Fran Alonso no grupo A e con Farenhait 451 de Ray Bradbury no grupo B.
  • En 3º de ESO iniciamos as nosas prácticas lectoras co supervendido Los juegos del hambre de Suzanne Collins no grupo 2, con Reckless. Carne de pedra de Cornelia Funkeno grupo 1 e finalmante con Unha bolsa de canicas de Joseph Joffo no grupo 3.
Sorrisos e bo ánimo acompañaron os encontros, a biblioteca encheuse da ledicia e do bulicio dos rapaces e rapazas, a curiosidade dos novos membros e a ilusión dos que xa participaron en anos anteriores; todos eles marcharon felices co seu libro debaixo do brazo, foi un pracer velos con tan boa predisposición.


OS CLUBS DE LECTURA DO IES de POIO, 2012 on PhotoPeach

3 comentarios:

  1. Como me gusta que sigades cos clubes de lectura!!! Unha pena non poder estar con aí con vos :(

    Bicos para todos!!!

    Rafa.

    ResponderEliminar
  2. Como me gusta que sigades cos clubes de lectura!!! Unha pena non poder estar con aí con vos :(

    Bicos para todos!!!

    Rafa.

    ResponderEliminar
  3. Como me gusta que sigades cos clubes de lectura!!! Unha pena non poder estar con aí con vos :(

    Bicos para todos!!!

    Rafa.

    ResponderEliminar