Blog creado pola biblioteca de IES de POIO para todos os seus alumnos, ou os que non o sexan. Diario de abordo dos CLUBS DE LECTURA.
13.1.13
CLUB DE LECTURA DE BANDA DESEÑADA
No club de lectura estamos a ler:
A) No grupo 1: Freda, unha obra (xa presentada noutra entrada do blog) que fala da emigración en Galicia, do amor, dos soños...
B) No grupo 2: Todo Paracuellos, do gran autor de cómics Carlos Giménez. Trátase da serie de historietas que o autor realizou entre 1977 e 2003. Os protagonistas destas páxinas autobiográficas son os orfos da guerra civil que viviron nos fogares de “Auxilio social”. A ver que lles parece aos nosos lectores esta obra que non deixa indiferente a ninguén!
No hay comentarios:
Publicar un comentario