![]() |
Pedra da Serpe de Ponteceso |
Brais Rey de 3º de ESO C segue axudándonos a completar o contexto en relación coa novela de Elena Gallego Abad, DRAGAL.
"As pedras da serpe:
As pedras da serpe son pedras con petroglifos chamados zoomorfos por gardar unnha similitude con animais, nestas laxes grabáronse as serpes na idade de bronce, por que? Non se sabe, pero hai diversas teorías, o que sí sabemos é que os paisanos fixeron as súas propias.
As lendas populares atoparon nestes gravados una fonte de superticións, mitos e demáis relatos que máis tarde a igrexa cristianizou a súa maneira, tal é o caso de San Hadrián, probablemente Hadrián sería una personaxe de lendas populares cun grande seguimento pola xente. Chegou a igrexa e fixoo santo, para quítalo da paganidade e por conveniencia."
"As catacumbas:
As
catacumbas son depósitos funerarios típicamente romanos, estes non
enterraban aos seus mortos, depósitábanos nun nicho escavado na
pedra ou feito con ladrillos dalgún tipo. Naquela a demanda para
seren “gardados” nas catacumbas era alta, tanto que nos nichos en
vez de un corpo as veces había tantos que non había burato ningún…
Nas
catacumbas celebrábanse ritos de sectas e relixións cando non
querían seren atopados ou cando querían sentirse preto dos
devanceiros.
Estas
construccións soían facerse en galerías subterráneas nas que se
facían ampliacións cada pouco e de maneira un tanto peculiar,
facendo delas un labirinto caótico e escuro.
Na
orixe da igrexa de san Pedro, as catacumbas eran o lugar no que se
construíu o templo Dragalino, supoño porque eran un labirinto no
que ninquén se metía sen un mapa na aman e estaba lonxe de miradas
indiscretas.
A igrexa foi una maneira de frear aos Dragalinos sen
moito resultado, xa que estes seguiron entrando no templo de Dragal e
mesmo anos máis tarde conseguiron substituír a cruz de pedra da
fachada da igrexa pola quimera do dragón.Sen embargo o templo
cristian resentiu a orde Dragalina ao acumular o poder das oracións
de feligreses co paso sos séculos, e ao soterrar no esquecemento o
pasadizo de debaixo do altar.
Un dos
segredos dos pasadizos das catacumbas foi a cabeza metálica de
Dragal, peza clave ao ser a chave máxica da cripta de Dragal e ao
condensar una parte do poder deste."

No hay comentarios:
Publicar un comentario