13.5.13

Raquel recoméndanos: “Os fillos do mar”


pedro





Esta novela gustoume moito principalmente pola trama posto que non me imaxinaba para nada que a historia se desenvolvera da maneira na que o fixo.





Xa ao comezo me resultou intrigante e por iso continuei lendo con ganas; a pesar disto, a parte na que comeza a falar de feiitos históricos resultoume un pouco lenta pero xa lidas unhas cantas páxinas máis, seguín a comprender de que se trataba e volveume resultar entretida.
Penso que é unha novela moi sinxela de ler e por iso quizais fun quen de lela en tan pouco tempo.
O que me resulta máis destacable da obra é o tesouro, o buraco e todo o que iso supuxo no pasado da familia; sen embargo eu resaltaría a historia amorosa xa que ademais de ser o fío condutor da novela fíxoseme interesante a relación que mantiveron.
Desde o meu punto de vista non é só unha novela de aventuras senón tamén histórica xa que fai moitas referencias á Guerra Civil, á Batalla de Rande e a temas do nazismo alemán durante a 2ª Guerra Mundial.
Así pois conclúo recomendándovos a súa lectura.
                                             Raquel Montes, 2º bacharelato B.
1 galeón de Manila

No hay comentarios:

Publicar un comentario